TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1- UD OURENSE 1

Partido moi intenso e con moitos afeccionados visitantes

A UD Ourense non puido conseguir o seu obxectivo de manter a categoría, tras empatar esta tarde en O Poboado 1-1. Os ourensáns necesitaban gañar si ou si nas Pontes, e unha derrota do Barco en Arzúa, pero os de Valdeorras acabaron empatando in extremis no campo de O Viso. 

Pero aínda así non conseguiron facer os seus deberes os de Fernando Currás, aos que xa se lle complicaron as cousas desde o inicio, pois tras un pase en profundidade, Óscar Martínez intérnase só por banda esquerda, pica o balón ante a saída de Atanes e acaba marcando cunha bonita vaselina (5´). 

Os visitantes foron rápido a polo empate, mesmo destacar un centro chut desde banda dereita de Raúl que acabou no poste (10´), pero a pesar dos intentos visitantes os azuis conseguiron chegar ao descanso con vantaxe no marcador. 

Trala continuación seguírono tentando os vermellos, que hoxe eran maioría en O Poboado. Destacar dous remates seguidos de Alfredo, e a dobre intervención de Brais (57´). Máis clara a tivo Raúl, nunha ocasión na que quedou só ante a saída de Brais, pero fíxose un lío co balón, e o seu remate postreiro acábao sacando Moyá de cabeza baixo paus (70´). 

A pesar de todas as aproximacións o único gol visitante chegou tras un inocente penalti que transforma Champi enganando a Brais (65´). Incluso os ourensáns fóronse desinflando no tramo final e puido anotar o tanto da vitoria local Pardo. 

Tras unha cabalgada na que se marcha só, encara picando o balón ante a saída de Atanes que toca o xusto para que o esférico marche a córner rozando o pau (90´). O propio xogador de Ortigueira rematou de tacón na área pequena atallando sen problemas o gardameta visitante (92´). Asubío final con tristeza para ambos equipos, que se despiden da categoría. 

1 CD AS PONTES. Brais, Berto, Pajaro, Dani, Mitogo (Artai 44´), Óscar (Pardo 75´), Vilela (David 55´), Del Río (Quique 75´), Moya, Adrián, Iñaki

1 UD OURENSE. Atanes, Varo, Alfredo, Corzo (Durán 82´), Vieytes, Sanin, Hugo (Cabanyes 63´), Raul (Isi 82´), Viti, Tiago, Vila (Champi 27´).

Goles: 1-0, Óscar (5´). 1-1, Champi (65´). 

Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por López Fernández e Vázquez Veiras. Amarelas a Moya, Mitogo, Vieytes, Sanin, Alfredo, Viti, Cabanyes, Tiago. Xa sustituido viu a segunda amarela no descanso Mitogo (45´)

Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores, a maioría de Ourense, en tarde moi chuviosa.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios