Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. RACING CLUB VILALBÉS 0 – CD AS PONTES 0

Empate no derbi do As Pontes no seu debut en Liga no retorno a Terceira

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Empate do As Pontes no derbi ante o Vilalbés no debut de Liga. Nunha localidade veciña en plena festa da Xira, e nunha área recreativa da Magdalena plagada de xente e sobre todo de coches, estrearonse os dous conxuntos nesta campaña 2019-20.

Puido adiantarse o As Pontes nos primeiros minutos, tras un gran tiro de Carlos que buscaba a escuadra e que desvía Javi Pita (3´), pero sobre todo nun gran pase en profundidade de Fidi, tralo que o xogador aresán regatea ao porteiro e o seu disparo sacao o Josito baixo paus (5´).

Pero a raíz de ahí o cadro local foise facendo co dominio do encontro e a piques estivo de chegar con ventaxa ao descanso tras un lanzamento ao longueiro de Maque no último suspiro (45´). No inicio do segundo período os lucenses continuaron apretando e Paco fixo un paradón a disparo de Aitor (51´). 

Conforme pasaban os minutos os chairegos seguiron co dominio do balón sobre o céspede, sobre todo a través de moitos saques de esquina, pero cada vez con menos forzas. O As Pontes tamén tivo algunha aproximación, sobre todo nun disparo de Carlos que despexa un defensa (67´), e outro forte lanzamento do xogador aresán que chapa Pita en dous tempos (88´). 

Ao final, punto de ouro a domicilio para un As Pontes sen Caridad, David García e Quique, que presentaba un banquiño de ex xogadores xuvenís, e que afrontou os 90 minutos con Dani Pajaro e Berto, que tivo unha gran actuación no lateral dereito, así como Alex Cabarcos que fixo un partidazo.

Igualada que é un reflexo dos partidos oficiais entre ambos equipos, xa que si en Vilalba hai sete triunfos para cada equipo por este quinto empate, os duelos en As Pontes resumense en sete triunfos locais, seis visitantes, e tamén cinco igualadas. 

0 RACING CLUB VILALBÉS.Javi Pita, López, Buyo, Vérez, Josito, Javi Varela, Jose Varela, Make, Cuadrado (Aitor 34´), Sandá (Ángel 84´), Diego Rey (Sito 64´). 

0 CD AS PONTES.Paco, Berto, Alex, Rivas, Sánchez, Dani, Dani Pajaro, Gonzalo, Carlos, Fidi, Pardo (Cambón 66´).

Árbitro.Rubén Extremadura Hernández. Auxiliado nas bandas por Rodríguez Barreira e Rey Simons. Amarelas ao Vérez, Josito e Sandá. 

Campo e incidencias.A Magdalena. Unhas 250 persoas en tarde moi soleada.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios