O As Pontes debutaba este domingo despois de moitos anos na Liga feminina de fútbol 11 e facíao ante o Discalzas de Cedeira.
A pesar do dominio azul as visitantes adiantaronse nun despiste defensivo, pero antes do descanso, Noelia tras aproveitar un balón morto, e Tania e Patricia, ambas de tiro cruzado, puxeron o 3-1 con remontada no marcador.
No segundo tempo mantiveron a ventaxa para sumar os seus tres primeiros puntos antes da visita ao Almeiras de Culleredo, que gañou 0-2 ao Unión Campestre de Montrove.
Xogaron Iria, Lucía, Silvia, Indira, Laura Paz, Tania, Andrea, Nerea Pita, Noelia, Patricia, Naia, e despois Laura Pernas, Xeila, Paula e Nerea Paz
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro