PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 2 – JOFAGAN ORDES FS 3

Derrota do Lago no debut ligueiro na casa

O equipo pontés do Lago debutaba este sábado na Liga no Pavillón Municipal ante o cadro de Ordes co que perdeu 2-3 trala derrota a semana pasada 5-2 ante o Cinco Coruña B.

Nun partido que foi moi igualado, os visitantes gañaron 2-3 cun tanto nos últimos instantes. Polos locais marcaron Jacobo e Rober Paz.

O Ordes situase líder, e a próxima semana outro partido na casa ante o Silva coruñés, que suma un punto. Xogaron polos de Diego Vinicius, Cal, Jacobo, Diego, AMeizoso, Dani; Pelu, Mario, Xoan, Pablo, Rober e ABellas.

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios