TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – C.D. DORNEDA (3-1)

Importante vitoria do As Pontes diante dun sempre incómodo Dorneda, un resultado que o coloca na quinta praza, cos mesmos puntos que Arousa, que é cuarto, Choco e Pontevedra. Comezou o partido con dúas ocasións para o Dorneda, a primeira nun disparo de Iago que rexeita co peito Kiko, e a segunda de Gabi que pasou rozando a cruceta. Isto fixo espreguizar ó As Pontes e así no minuto dez, unha xogada entre Sergio Arias e Iván é culminada polo de Portomarín establecendo o 1-0. Catro minutos despois noutra xogada semellante, pero nesta ocasión entre Iván e David Amado que finaliza este último nun disparo raso e pegado ó poste dereito da portería visitante. Puido incrementar a vantaxe o As Pontes en ocasións de David Amado e Álex. Sen embargo, cando todo parecía que sería unha cómoda vitoria local, o Dorneda reaccionou; e, despois dun centro dende a dereita ó que non chegou ninguén, chegou o gol visitante por mediación do seu mellor xogador, Mon, logo dun despiste da zaga pontesa. Antes de chegar ó descanso Dani tivo unha boa ocasión pero o seu disparo rexéitao Guillermo a corner. Álex e Sergio Arias tiveron tamén boas oportunidades para marcar antes de chegar ó descanso.
cdaspontes_


No segundo tempo o conxunto oleirense saíu a polo empate e tivo boas oportunidades nos primeiros minutos, pero o As Pontes defendíase ben e contraatacaba con perigo. Un cabezazo de Chicho vaise un pouco alto. Logo Bossa pasa a Sergio Arias, que manda ás mans do porteiro visitante. Puido empatar o partido o Dorneda nunha ocasión de Chequi que Kiko rexeitou. Con presión do Dorneda e contragolpes do As Pontes chegou o tanto da tranquilidade nun pase longo que Santi, que acababa de entrar no campo, envía ó fondo da portería visitante, un gol que sentenciaba o partido. Cunha oportunidade de Bossa, que despexou o meta Guillermo, e outra de David, por parte do Dorneda, que se foi alto, rematou o encontro.
En definitiva, tres importantes e merecidos puntos para o As Pontes nun partido que estivo entretido e contou con numerosas oportunidades por parte dos dous equipos. O As Pontes controlou máis o balón, xogou ben ó fútbol e soubo aproveitar ben as ocasións creadas ante un sempre incómodo Dorneda, equipo que nunca deu o partido por perdido e que dende que está na Terceira División sempre puntuou no Poboado, pero nesta ocasión veuse superado por un As Pontes merecedor da vitoria.
FICHA DO PARTIDO
C.D. AS PONTES: Kiko, Hugo, Álex, Chote, Dani, Esmorís, Iván (Fidi, 59), Bossa, Sergio Arias (Santi, 84), David Amado (Chicho, 69) e Pablo Domínguez
C.D. DORNEDA: Guillermo, Héctor, Jorge, Adrián, Dapo, Cristián, Gabi, David, Iago, Mon (Jhonie, 70) e Chequi.
ÁRBITRO: Miguel Pérez Cabaleiro, asistido de Gil Escudero e Correia Caballero, da delegación de Vigo. Amoestou ós locais Dani, Fidi e Santi, e ós visitantes Dapo, Cristián, Gabi, David e Mon.
GOLES: Minuto 10 (1-0), Sergio Arias. Minuto 14 (2-0), David Amado. Minuto 27 (2-1), Mon. Min. 86 (3-1), Santi
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da décimo terceira xornada de Terceira División disputado na tarde-noite deste domingo no campo do Poboado, que rexistrou unha afluencia duns 200 espectadores.
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
cdaspontes_
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios