TERCEIRA DIVISIÓN. CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 2 – CD AS PONTES 2
Reparto de puntos no encontro desputado onte na vila de Bouzas, na cidade viguesa.
Espectadores de luxo no encontro, coma os xogadores do primeiro plantel do Celta, Santi Mina, Jonhy Castro e Levy Madinda.
A piques estivo o As Pontes de perder o encontro nada máis comezar, quedou Tomás so ante Kiko, este salvou in extremis, e Dani despexou a córner. Si o xogador local se deixara caer probablemente o colexiado sinalaría penalti e expulsión.
Apenas un minuto máis tarde, outro xogador queda so dentro da área, o céltico Gabi Misa, internacional sub17 español con Thiago e Canales, que trata de facer unha vaselina, Kiko despexa como pode, pero o segundo remate, de cabeza, acaba entrando na portería a pesar de que, creemos que Aitor, está piques de despexar.
Ten que ter coidado cos inicios o As Pontes, porque en apenas 5 minutos puidose ir o partido.
Nun balón que a defensa non soubo despexar a piques está de aproveitarse Amado pero Ferre saca co corpo (10´).
Xogadón de Miki que se vai de todos e outra vez ten que salvar Kiko (21´). Curiosamente na xogada seguinte desmarcase Amado, os locais reclaman fora de xogo, e o bo dianteiro naronés marca por baixo (22´).
Desde o ascenso, xogou o As Pontes catro partidos en Vigo, tres ante o Rápido e outro ante o Celta B, sen conseguir ningún tanto, o último gol pontés na cidade olívica remontabase á tempada 2000-01.
Antes do descanso ponse por diante o As Pontes, falta lateral esquerda botada polo mago Bossa, non acerta ninguén a rematar nin despexar, e o esférico acabase colando (38´).
Outro susto antes do intermedio, volve a quedar so Miki dentro da área pero remata moi cruzado (41´).
Comezou o segundo tempo e o As Pontes contemporizaba mentres que o Rápido buscaba tímidamente a área contraria, mediado o segundo acto, centro dende banda esquerda e o recén saído Jacobo cabecea perfecto por baixo ante o que Kiko non pode facer nada (67´).
Os últimos minutos deron unha sensación de que os vigueses embotellaban ós azuis, e que estes respondían a contagotas pero con perigosas contras.
Así, centro chut de Rochela (72´), gran xogada de Iván na que regatea a dous defensas e puido sufrir un penati (79´), potente disparo de Alex que chapa Ferre (80´), case sorprende Iván a Ferre desde lonxe (85´) e o xogador de Pol recibe un maxistral pase de Fidi, pero non rematou de primeiras e no segundo intento quedou moi escorado e Ferre botouselle enriba (86´).
Pero como dicimos o Rápido embotellou moito ó As Pontes con moitas faltas e córners perigosos nos últimos minutos, a destacar unha falta ó borde da área no 83´.
Os dous equipos poden dar por bo o empate, e así as cousas o As Pontes marcha segundo nun grupo de cabeza moi comprimido, Boiro ten 47, As Pontes e Pontevedra 46, e momentáneamente Somozas tería 44 e Cerceda 43. O segundo pelotón viría encabezado polo Ordes con 40.
Quedan 14 partidos dificilísimos, pero o As Pontes fai soñar coa posibilidade de xogar os play off. Pero terá que vivir unha nova final a vindeira fin de semana ante o complicado Deportivo B de Chus Cañizares e Enrique Fornos.
2 Club Rápido de Bouzas. Ferre, Fran Matos, Cotilla, Portas, Sestelo, Sergio (Agujetas 82´), Miki (Uru 77´), Gabi Misa, Tomás, Diz, Pablo García (Jacobo 62´).
2 CD As Pontes. Kiko, Rochela, Nano, Dani, Aitor, Fidi (Pablo López 89´), Amado (Iván González 64´), Bossa, Sergio Arias, Chicho (Alex Cabarcos 72´), Pablo Domínguez.
Goles: 1-0, Gabi Misa (3´), 1-1, Amado (22´), 1-2, Bossa (38´). 2-2, Jacobo (67´).
Campo e incidencias: Unhas 200 persoas no Baltasar Pujales, en tarde chuviosa por momentos. Partido correspondente á 24ª xornada.
Árbitro: Alejandro Vázquez (A Coruña). Auxiliado por Diego Sánchez e Javier Mella. Amoestou a Matos, Fidi e Chicho. Expulsou ó adestrador local Juan Carlos Andrés no minuto 68´.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.