Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: FC BERTAMIRÁNS 2 – CD AS PONTES 3

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Impúxose o As Pontes ó recén ascendido Bertamiráns por 2-3 no encontro xogado na tarde de onte.
Rápidamente se puxo o equipo azul por diante, balón que lle chega dende a banda dereita a Santi, e este, que acabou a tempada como un Mercedes, con 4 goles en 3 partidos, marca pola escadra o 0-1 con apenas dous minutos de partido.
Zapatazo de Iván a rentes do pau (8´). Entre Fidi e Santi marcan a trancas e barrancas un segundo gol que non sube ó marcador (12´). Compensou o colexiado anulandolle un a Adán no 25´.
Entremedias, disparo de Pablo Domínguez preto da escadra (15´) e nun xogadón de Bossa, outra vez Iván a rentes do pau (22´).
Cunha brecha na cabeza retirouse Rochela no 30´.
A ocasión máis clara do 0-2 tivoa Fidi que mandou un balón franco por riba do longueiro (36´).
“cdaspontes”


No segundo tempo comezou azuzando o cadro de Ames, así, zapatazo de Saro (48´), e unha xogada na que o As Pontes foi recuando e o balón se lle escapou a Marcos, salva Pablo López baixo paus (52´).
A mesma situación se viviu na área contraria cun remate cruzado de Hugo que salva un defensa baixo paus (54´).
Outro gol de Nano ó que lle cae franco o balón tras rexeite, e marca a porta baleira, pero o colexiado sinala fora de xogo outra vez (62´).
Amado queda so ante Daniel e este rexeita e na segunda xogada tampouco acerta a marcar Chicho (64´).
Nun balón que perde Bossa, aproveitase Adán e o seu disparo sae a rentes do pau (66´).
Semellaba sentenciar o As Pontes, cun centro por banda esquerda de Santi, que remata Amado ó fondo das mallas (67´).
A continuación Bossa por alto (72´), tiro cruzado de Chicho (74´), pero descontou Jesús no 79´ en posición dubidosa, nun balón que se lle escapa a Dani, queda so ante Marcos e marca o 1-2.
Volveu a poñer terra de por medio o mago de Viveiro Bossa, cun gol olímpico de córner directo (82´), pero noutro contragolpe do Bertamiráns é Astray o que se desmarca e anota de vaselina tras pegar o balón no longueiro (87´).
O mesmo xogador meteu o medo no corpo á parroquia pontesa, pois tras sacar unha falta, o balón non o remata ninguén, bota no céspede, pega no longueiro da portería de Marcos e vai fora (89´).
O marcador non se moveu e mentres tanto en Oleiros, o gran dianteiro Chequi estivo a piques de pasar á historia do As Pontes, pero o seu disparo no partido contra o Pontevedra no desconto, foi ó poste, e a Liga rematou con Somozas (75), Cerceda (74), Boiro (74), Pontevedra (73) e As Pontes (73), rematando os azuis quintos, a so dous puntos do campión, e a cero puntos do play off, fóra, con 73 puntos.
Bertamirásn FC: Dani, Jacobo, Saro, Otero (Paz 71´), Guti, Héctor (Boo 45´), Jesús, Iván (Fidalgo 72´), Adán, Pablo, Astray
CD As Pontes. Marcos, Rochela (Hugo 30´), Nano, Pablo López, Dani, Fidi (Chicho 58´), Iván (Arias 58´), Bossa, Santi, David Amado e Pablo Domínguez.
Goles: 0-1, Santi (2´). 0-2, Amado (67´), 1-2, Jesús (79´), 1-3, Bossa (82´), 2-3, Astray (87´).
Campo. Municipal de Bertamiráns. Uns 200 espectadores en tarde soleada.
Árbitro: Manuel Vidal Araujo. Auxiliado nas bandas por Montoto Taboada e Otero Álvarez. Amoestou a Adán.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios