TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – MERA F.S. B (4-1)

O Esteo logrou unha nova vitoria sobre o Mera B por catro goles a un que o mantén no máis alto da clasificación do seu grupo da Terceira División de fútbol sala. Ó descanso o marcador era de 2-1 a prol dos ponteses. Uns 200 espectadores nas grada do pavillón municipal da Fraga.
O Esteo dominou o partido dende un principio ante un Mera que realizou un partido moi serio, ben organizado na súa parcela defensiva para saír á contra e en certas fases do encontro complicoulle as cousas ós ponteses, que tiveron ocasións para marcar a balón parado e en lanzamentos cerca da portería visitante, pero o meta Alfonso estivo moi acertado nas súas intervencións. O gol tardaría en chegar, sería no minuto catorce de partido por mediación de Noé. Pouco durou a ledicia no Esteo, xa que un minuto despois empatarían os visitantes e posteriormente Gerardo estableceu o 2-1 co que se chegou ó descanso. A segunda parte comezou igual ca primeira, pero as expulsións condicionaron o seu xogo. O primeiro en saír da pista de xogo sería o local Chavo, por dobre amarela, a falta de once minutos. O Esteo, en inferioridade numérica, defendeuse ben e o Mera non soubo aproveitar a súa superioridade de efectivos. Logo sería expulsado con vermella directa o porteiro visitante Alfonso por derribar a Rubi. Os locais aproveitaron a súa superioridade para marcar o 3-1 por obra de Pelu. Posteriormente foron expulsados, por dobre amoestación, Rubi e Juan e xa nos instantes finais o tamén visitante Ernesto. No derradeiro minuto Noé, de dobre penalti, estableceu o 4-1 definitivo. Na vindeira xornada o Esteo viaxa a Viveiro para enfrontarse ó Porto Celeiro-Viveiro.
esteo_0001.jpg


O ESTEO FS: Niceto, Fran, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Chavo, Anxo, Santi, Diego e Pelu.
MERA FS “B”: Alfonso, Iago, Ramiro, Ernesto, Juan –cinco inicial- Eder e Bombi.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Naray Álvarez (Viveiro). Expulsaron con vermella directa a Alfonso e Ernesto, do Mera, así como a Chavo e Rubi, do Esteo, por dobre amarela. Tamén foron amoestados Pelu e Pellón.
GOLES: Min. 14 (1-0), Noé. Min. 15 (1-1), Ramiro. Min. 17 (2-1), Gerardo. Min. 33 (3-1), Pelu. Min. 39 (4-1), Noé (dobre penalti).
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios