Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 – CD OURENSE 2

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O primeiro tempo marcou un pouco a diferencia de categoría dos dous conxuntos, o Ourense marcou dous tantos en dúas chegadas, no 10´ un tiro cruzado de Sanginés e no 27´ un golazo de Noguerol, nun tiro moi ben colocado dende fóra da área que entrou pola escadra.
O As Pontes que non fixo mala primeira metade sucumbía no último pase ou no último regate. Resaltar un centro chut de Javi López, que o porteiro sacou na mesma liña de gol (23´).
No segundo tempo o Ourense replegouse defendendo os dous goles de ventaxa e o As Pontes foi a polo gol. No 58´ marca Bossa tras un penalti cometido sobre Dieguito, un tanto con algo de carambola, peta no longueiro, rebota nas costas de Pato e acaba introducíndose.
Seguiron apretando os azuis e dous minutos máis tarde nun centro de Moncho e ante o acoso de Soto ó gardamallas visitante casi se lle escapa o balón das mans hacia adentro. No 73´o propio Hugo Soto cabeceou e o balón saiu preto da escadra. No 84´ un roubo de balón de Soto, pase atrás e Amado manda fora.
Non se lle pode negar valentía a Lemos que nos últimos minutos sacou a toda a artillería que tiña no banquiño, co partido tolo, nunha contra (86´), o ex xogador do Real Madrid que xogou o Europeo Sub17 de Israel en 2000 coa selección española, Adrián Quintairos, a piques esttivo de sentenciar pero o seu disparo dende fóra da área saiu lamendo o pau.
Un minuto despois chegou a ocasión máis clara do As Pontes pra empatar o encontro, nun centro co guante de Bossa dende banda esquerda cabecea Angeriz ó longueiro.
No 89´ o colexiado expulsou ó galés Mathew por dobre amonestación e o As Pontes apretou no longo desconto pero non puido facer máis nun encontro no que mereceu alomenos o empate diante do segundo clasificado, pero tres tiros ós postes na visita a Ponteareas e o tiro ó longueiro de hoxe resultoulles tremendamente perxudicial.
Nunha complicada 15ª praza con 12 puntos terá o As Pontes un duelo directo co Negreira, que hoxe perdeu 4-0 co Vilalonga e está con 13 puntos, o vindeiro domingo.
futbol_0001.jpg


CD AS PONTES. Simón, Moncho, Javi López (Dani 81´), Rochela, Angeriz, Cata (Chicho 45´), Coedo (David Amado 76´), Bossa, Dieguito, Hugo Soto e Sergio Arias.
CD OURENSE. Pato, Jose, Alex, Campillo, Padrón, Yebra, Mouriño, Borja, Eder (Adrián Quintairos 73´), Noguerol (Claudi 78´) e Sanginés (Mathew 61´).
Árbitro: Jose A García Parada. Auxiliado nas bandas por Baltasar González e Dage Fernández. Amonestou a Rochela, Hugo Soto, Chicho, Lemos, Jose, Yebra e Borja. Expulsou por dobre amonestación a Mathew (89´). Sen influir no resultado, ó colexiado complicoulle a vida o exceso de protagonismo dun dos seus xuíces de liña.
Goles: 0-1, Sanginés (10´), 0-2, Noguerol (27´), 1-2, Bossa, de penalti (58´).
Campo e incidencias: Campo do Poboado. Uns 250 espectadores en tarde fría e soleada.
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios