A cada semana que pasa en peor situación queda o As Pontes, tras perder dous novos puntos nos últimos minutos, e a victoria, como mínimo, á espera da xornada do domingo, dun Estradense que xa iguala en puntos ós azuis.
Tras unha primeira media hora de tanteo, o conxunto local adiantouse por medio de Iván González, balón parado que bota Bossa e o xogador de Pol chegando desde atrás remata ó fondo das mallas (35´). Foron os mellores minutos do As Pontes, pois a partires de ahí chegaron as mellores ocasións, unha falta de Bossa que rebota na barreira e despista a Abraham (38´), que desvía a corner in extremis, e dous disparos con pouco ángulo pero moito perigo de Chicho (39´) e Dieguito (41´).
Na segunda metade, un remate de cabeza de Franch fora (59´), unha espuela de Sergia Arias que se pasea pola área (60´), un balón morto na área que salva Simón (62´), un gran xogadón con taconazo de Iván González, desborde de Chicho, pero un gran Dieguito hoxe non chegou para empurrar a gol (66´).
Conforme iban pasando os minutos o As Pontes centrouse en defender a súa escasa ventaxa, anque o Somozas, dirixido polo ex adestrador do As Pontes, o ferrolán Michel Alonso, tampouco chegaba con moito perigo.
Pero volveuse a repetir a historia de sempre, no 76´ tras un gran pase de Dieguito, Chicho en boca de gol estrella o balón no longueiro. A parroquia local, que salvo o 4-0 ó Lalín, vive con tensión todos os encontros caseiros, comezaba a firmar o 1-0, pero como a semana pasada, faltando tres minutos pra o final, o futbolista pontés con doce campañas no equipo azul, Nando Castro, campión de Liga Alevín 1992, e de Liga e Copa Infantil en 1994, ex selección galega, lanzaba un zapatazo dende fóra da área que se colaba pola escadra, estivo ben Simón, pero aqui apenas puido facer nada. Incluso puideron levarse os tres puntos os visitantes un minuto máis tarde tras un balón peiteado hacia atrás de David Franch que acabou en gol, anque o árbitro sinalou un fora de xogo que realmente o parecía.
Non se moveu o marcador, e definitivas taboas que serven de moi pouco a un As Pontes algo conformista contra un equipo bo, pero que non se xogaba tanto, que anque os azuis non tiveron un dominio arrollador, está claro que lle está pesando, e moito, a súa falta de definición, con 14 tiros ós postes, moitos decisivos, e 4 penaltis fallados, que esta categoría non perdoa.
Nin na festividade do Entroido puido celebrar o público local un triunfo e a semana que ven hai un compricadísimo e decisivo desprazamento a Dorneda, feudo no que o As Pontes perdeu nas súas dúas últimas visitas pero que na seguinte non queda máis remedio que sumar os tres puntos. A clasificación está moi negra, pero quedan 12 partidos, e amén dos logros propios hai que soñar cun rexurdimento do Celta B ou un ascenso dun equipo galego a 2ªB, xa que os postes impiden os goles azuis, alomenos que os marquen os demáis.
1 CD As Pontes. Simón, Moncho, Rochela, Chote, Jordi (David Amado 90´), Cata, Bossa, Iván González (Fernando 70´), Dieguito (Dani 83´), Chicho, Sergio Arias.
1 UD Somozas. Abraham, Dani, Nando, Seijas, Alex Bao, David Franch, Denis, Pablo Berros (Popu 76´), Quintana, Edi (Permuy 70´), Sueiro (Emilio 62´).
Goles: 1-0, Iván González (35´), 1-1, Nando (87´).
Campo e incidencias: Campo do Poboado, uns 350 espectadores en tarde nubrada e fría, bastantes afeccionados de Somozas. Partido correspondiente á 26ª xornada. Expulsou ó delegado local no 80´.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez. Auxiliado por Brito Regadera e Veiga López. Amonestou a Jordi, Bossa, Alex Bao, David Franch, Edi e Emilio.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.