TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: CIDADE DE VIVEIRO – O ESTEO F.S. (2-8)

O Esteo sumou a súa quinta vitoria en cinco xornadas disputadas da Terceira División ó gañar por 2-8 na cancha do Cidade de Viveiro. O conxunto pontés amosouse moi eficaz na finalización dos seus ataques e moi ordenado en defensa, pese a que os locais comezaron ben o partido ó adiantarse no marcador ós seis minutos de xogo. A reacción dos ponteses non tardou en chegar e Rubi, Pellón e Bolly puxeron o 1-3 co que se chegou ó descanso. Na segunda parte os locais puxeron un inquietante 2-3, pero a partir de aí o Esteo controlou perfectamente a situación cunha boa defensa e perigosos ataques, dos que remataron en gol en cinco ocasións, con tantos de Gerardo, Rubi, Fran, Bolly e o xuvenil Jacobo, que debutou xunto ó seu compañeiro Pablo. Na vindeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Bueu.
Cidade-de-Viveiro-CFS.jpg


FICHA DO PARTIDO
CIDADE DE VIVEIRO: Adrián, Pablo, Víctor, David, Manuel –cinco inicial- Roberto, Marcos, David Pérez e Mateo.
O ESTEO FS: Choto, Fran, Gerardo, Rubi, Bolly –cinco inicial- Pellón, Pelu, Diego, Jacobo e Pablo
ÁRBITROS: Pena Pereira e Amor Vizoso (Ferrol) Amoestaron ó local Marcos e ó visitante Bolly.
GOLES: Min. 6 (1-0), Víctor. Min. 9 (1-1), Rubi. Min. 13 (1-2), Pellón. Min. 17 (1-3), Bolly. Min. 29 (2-3), Mateo. Min. 30 (2-4), Gerardo. Min. 32 (2-5), Rubi. Min. 35 (2-6), Fran. Min. 37 (2-7), Bolly. Min. 39 (2-8), Jacobo.
INCIDENCIAS: Partido da quinta xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal de Viveiro ante uns cen espectadores nas gradas.
Non tivo a mesma sorte o cadro xuvenil do Esteo, que na mañá do domingo caía no pavillón da Fraga por 0-2 diante do Burela. Na vindeira xornada xogan en Lugo ante o Azkar xuvenil. Xogaron polo Esteo: Iago, Jacobo, Pablo, Alberto, Manu, Galego, Santi, Picos e Rouco.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios