TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – A.D. BUEU (2-2)

Revés do Esteo na súa pista diante do Bueu nun encontro que rematou con empate a dous goles. O conxunto pontevedrés parece que lle ten tomada a medida ó cadro pontés e se na pasada temporada gañou os dous partidos, neste choque levouse un importante punto da casa do líder. O partido estivo moi disputado, aínda que con máis dominio por parte dos locais, que na primeira parte non aproveitaron as ocasións que tiveron para sentenciar o encontro, aínda que se foron ó descanso con vantaxe de dous goles anotados polo goleador Rubi, o segundo de penalti. Na segunda parte seguiu o dominio local, pero con pouca fortuna de cara ó gol. Si a tiveron os visitantes que ós once minutos acurtaron diferenzas e un minuto despois igualaron o partido, resultado que ó final sería o definitivo a pesar de que os dous equipos tiveron claras ocasións para marcar algún gol máis. Ó final reparto de puntos e o Esteo segue de líder con tres puntos por riba do segundo e terceiro clasificados. Na vindeira xornada visita ó Leis Pontevedra, un histórico do fútbol sala galego situado na terceira posición.
esteo_001.jpg


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Bolly, Gerveno, Diego e Pelu.
A.D. BUEU: Bertiño, Lea, Congui, Pocho, Rafa –cinco inicial- Mon, Juanillo, David, Adri e Javi
ÁRBITROS: Manuel Dans Rey e María Corrochano Ibáñez (A Coruña) Amoestaron a Fran, Gerveno, Bertiño, Congui e Adri.
GOLES: Min. 8 (1-0), Rubi. Min. 17 (2-0), Rubi, de penalti. Min. 32 (2-1), Javi. Min. 33 (2-2), Adri.
INCIDENCIAS: Partido da sexta xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada de afeccionados, un pouco máis de medio cento de espectadores nas gradas.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios