TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – C.D. CAFYD (6-0)

Partido cómodo para o Esteo diante do pechacancelas do grupo, o Cafyd de Marín, que só opuxo resistencia nos primeiros minutos de partido, xa que a partir do segundo gol local, o Esteo dominou totalmente a situación pese a non facer un gran partido. Iso si, estivo moi seguro en defensa e no ataque un certeiro Rubi, que foi o protagonista do encontro marcando cinco dos seis goles anotados polos ponteses, tres deles na primeira parte, resultado co que se chegou ó descanso. Nos segundos vinte minutos o cadro local seguiu co seu ritmo de xogo, o que lle permitiu anotar tres goles máis, dous de Rubi –cos que redondeaba a súa tarde goleadora- e un de Pelu, ante un Cafyd que apenas inquietou a portería que defendeu ben Iván e pesar de aplicar a táctica de porteiro-xogador practicamente toda a segunda parte. Arriscada aposta que lle custou recibir tres tantos, que incluso puideron ser máis, de estar máis atinados os xogadores ponteses. Na vindeira xornada o Esteo viaxa a A Coruña para enfrontarse ó Ventorrillo, que nesta xornada perdeu (5-3) na casa do 5 Coruña, equipo que ocupa a segunda posición a catro puntos do Esteo.
esteo_001.jpg


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Gerveno, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Pellón, Pelu e Diego.
C.D. CAFYD: Ángel, Víctor, Iván, Fabian, Marcos –cinco inicial- Manuel, David, Rubén, Diego, Asier e Alejandro.
ÁRBITROS: Rivas Fouz e Naray Álvarez, de Viveiro.Amoestaron a a Diego, do Esteo, e Marcos, do Cafyd.
GOLES: Min. 5 (1-0), Rubi. Min. 11 (2-0), Rubi. Min. 20 (3-0), Rubi. Min. 25 (4-0), Rubi. Min. 30 (5-0), Rubi. Min. 39 (6-0), Pelu.
INCIDENCIAS: Partido da sétima xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal da Fraga cuns douscentos espectadores nas gradas.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios