TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO F.S. – O ESTEO F.S. (2-4)

Importante vitoria do Esteo na Coruña diante do Ventorrillo por 2-4 nun partido que estivo moi igualado, sobre todo na primeira parte, xa que o cadro coruñés saíu a por todas con moita presión adiante, que sorprendeu ó conxunto pontés. Así no minuto seis os coruñeses inauguraban o marcador por mediación de Adrián. Isto serviu para que os ponteses saíran do seu letargo e comezaron a facer o seu xogo habitual, creando moitas ocasións de gol, pero tan só aproveitaron unha por obra de Pelu que serviu para empatar o encontro a falta de tres minutos para o descanso. Na segunda parte Adrián adiantou de novo ó seu equipo. Diego Paz, adestrador pontés, mandou presionar máis arriba dominando máis ó seu rival, que notou o esforzo realizado ata ese intre. Pellón, Rubi e Gerardo sentenciaron o partido nun encontro cun xogo moi igualado, o que permite ós ponteses afianzarse na primeira posición da clasificación do grupo galego da Terceira División, agora con cinco puntos sobre o Rececende, equipo que ocupa a segunda posición logo da derrota do 5 Coruña na casa do Pazos de Borbén, equipo que visita As Pontes na vindeira xornada.
O-Esteo-FS-2012-13.jpg


FICHA DO PARTIDO
VENTORRILLO F.S.: Jorge Manuel, Edu, Perce, Borja, Adrián –cinco inicial- Raúl, Sergio, Alberto e Fernando.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Gerveno, Bolly, Pelu e Diego.
ÁRBITROS: Dans Rey e Manteiga Rodríguez, da Coruña. Amoestaron a Jorge Manuel, Raúl, Perce –en dúas ocasións, polo que foi expulsado a falta de dous minutos para o final- e Gerardo.
GOLES: Min. 6 (1-0), Adrián. Min. 17 (1-1), Pelu. Min. 26 (2-1), Adrián. Min. 34 (2-2), Pellón. Min. 37 (2-3), Rubi. Min. 39 (2-4), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da novena xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal do Ventorrillo ante uns cen espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios