Empate a 2 e reparto de puntos nun partido que deixou mal sabor de boca á parroquia local, xa que, a pesar de ser un gran rival, chegaron a ir 2-0 e non quedaron nada contentos coa actuación do colexiado.
Presentabase o equipo vigués, entre outros, co Campión de Europa coa selección española sub19 hai catro meses, o lateral dereito Jonathan Castro, o porteiro titular da selección española sub17 da tempada pasada, Rubén Blanco, e o ex-dianterio de Primeira División, David Añón. Volvía o filial celeste a pisar o Campo do Poboado, sendo o último choque na tempada 2000-01.
Pero adiantouse o As Pontes por medio do gran central Pablo López, o primeiro tras saque de córner, chegando desde atrás, e aproveitando un balón que se pasea, remata de cabeza no segundo pau (9´), e o segundo tras un centro desde banda esquerda de Bossa co seu “guante”, anticipase á defensa viguesa e sitúa outra vez de cabeza o 2-0 (15´). Entremedias no 11´ gran disparo de Añón e paradón de Kiko que desvía a córner, e antes de chegar o primeiro gol pontés os azuis avisaron con sendas oportunidades de Arias e Amado.
Non obstante antes do descanso puido marcar o filial celeste pois ocasións tivo e claras, pero pecou de falta de definición, sendos cabezazos de Camochu (21´), e Añón (31´ y 39´) saíron por moi pouco, e Félix en boca de gol, a medio metro da portería, mandouna por riba do longueiro (34´).
Aínda así puido dar un gran paso adiante o As Pontes, cun tiro cruzado de Amado que vai ó poste e pra máis inri o balón sae rebotado hacia o porteiro vigués que estaba no chan en lugar de ir hacia Arias que estaba so (42´).
O Celta saiu nos seguintes 45 minutos decidido á victoria, e o seu mellor fondo físico e os cambios realizados, provocaron outro aluvión, non acerta Camochu no 49´, pero si un minuto despois cando se desmarca, queda so, recorre 20 metros e marcar tranquilo de tiro cruzado. O mesmo xogador tívoa por dúas veces no 55´ pero salvou Kiko como puido, ata que no 63´ foi Víctor Vázquez o que empatou de cabeza tras saque de córner, anque semella que algún defensa desviou o esférico antes de colarse nas mallas.
Quedaba moito e semellaba que os vigueses ían a dar a volta ó marcador pero a partir de ahí o choque nivelouse, ata que chegou a xogada clave do partido no 79´, o colexiado coruñés que levaba todo o encontro sinalando faltas e tarxetas ó As Pontes que non vía do mesmo xeito no cadro rival, anque sen influir no resultado, convertiuse en protagonista ó sinalar fora un claro despexe de balón dun defensa vigués coa man, que o seu propio xuíz de liña sinalaba como penalti, e pra más inri, a falta sacouse co balón sobre a mesma líña que delimita a área, non houbo tarxeta e a barreira estaba moi cerca. Colmo de males o gran Bossa sacou o seu “guante” e nun saque de falta digno de 1ª División mandou o balón ó longueiro, o fútbol non é xusto cos artistas.
Tamén a tivo Antón no 93´ pero volveu a salvar Kiko. O marcador non se moveu e o As Pontes garda un punto máis no zurrón, suma 23 puntos, e deben concentrarse en tratar de sacar algo positivo na súa visita ó Barbadás a semana que vén.
2 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Pablo López, Dani, Dieguito (Troncho 63´), Bossa, Arias, Amado (Iván González 68´), Esmorís.
2 RC CELTA DE VIGO B. Rubén, Jhonny, Maceira, Víctor Vázquez, Sergio (Borja 45´), Antón, Félix (Benja 45´), Levy, Camochu (Marcos Torres 82´), Rubén Martínez, David Añón.
Goles: 1-0, Pablo López (9´), 2-0, Pablo López (15´). 2-1, Camochu (50´), 2-2, Víctor Vázquez (63´).
Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Blanco Rodríguez e Patiño García. Amonestou a Rochela, Chote, Dani, Dieguito, Bossa, Iván González, Víctor Vázquez e Camochu.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en partido correspondente á 14ª xornada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.