TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – IES CORUXO C. VIGO (3-5)

Traspé na casa e primeira derrota do Esteo da temporada diante dun bo equipo, como o Coruxo vigués. Os ponteses, que saíron moi confiados neste partido, non tiveron o seu día, estiveron moi frouxos en defensa e con moitos erros no ataque. Diante atopáronse cun Coruxo moi combativo que nunca deu o balón por perdido e que sempre foi por diante no marcador. Ós cinco minutos anotaron o primeiro gol que igualou o Esteo antes de chegar o descanso por mediación de Bolly. Volven adiantarse os vigueses no minuto cinco do segundo tempo, empatando Rubi en superioridade numérica, trala expulsión de Javier do Coruxo. Pero pouco durou a alegría no equipo pontés, xa que un minuto despois marca o terceiro o cadro de Vigo despois dun gran erro defensivo local. O Esteo saca porteiro-xogador e logra o terceiro empate do encontro. A partir de aí os dous equipos trataron de levarse os tres puntos. Pero, estaba visto que os xogadores locais non tiñan o seu día, e se por iso non fora pouco, cando fallan os homes claves, a cousa non funciona. Si estiveron moi atinados os visitantes que nos instantes finais lograron dous goles máis acadando unha máis que merecida vitoria ante o líder da categoría, que tras esta primeira derrota veu reducida a vantaxe a oito puntos sobre o segundo clasificado. Na vindeira xornada, 15 de decembro, partido de rivalidade e Vilalba, ante o titular da capital chairega.
esteo


EQUIPOS DE BASE
A xornada foi aciaga para tódolos equipos do Esteo, xa que á derrota do senior hai que sumar a dos xuvenís, que caeron en Pontevedra diante do Leis por 7-2, e os cadetes e benxamíns, que tamén perderon no dobre enfrontamento co Vilalba por 5-3 e 7-1, respectivamente.
FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Gerveno, Fran, Bolly –cinco inicial- Gerardo, Diego, Pellón e Rubi.
IES CORUXO C. VIGO: Alejandro, Pablo, Javier, Fran, Iván –cinco inicial- Mario, Aaron, Bruno e Andrés.
ÁRBITROS: Rivas Fouz e Naray Álvarez, de Viveiro. Amoestaron a Gerardo, Pellón, Diego e Rubi, do Esteo, e Fran, Iván, Aaron e Javier –en dúas ocasións polo que foi expulsado- do Coruxo.
GOLES: Min. 5 (0-1), Pablo. Min. 14 (1-1), Bolly. Min. 25 (1-2), Pablo. Min. 35 (2-2), Rubi. Min. 36 (2-3), Pablo. Min. 38 (3-3), Pelu. Min. 39 (3-4), Iván. Min. 40 (3-5), Fran.
INCIDENCIAS: Partido da décimo segunda xornada de liga da Terceira División disputado este domingo no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios