Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: A.D. BUEU F.S. – O ESTEO F.S. (2-4)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Importante vitoria do Esteo na sempre difícil pista do Bueu nun partido moi vistoso e cun xogo moi igualado que se decidiu mediada a segunda parte. Houbo moita igualdade nos primeiros vinte minutos con poucas ocasións de gol cun Esteo que non era capaz de facer o seu xogo de ataque doutras ocasións e un Bueu que creou certo perigo. Ós doce minutos Héctor poñía o 0-1 logo dunha boa combinación con Pelu. Sen embargo, dous minutos despois David marcaba para os locais, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte os ponteses saíron a polo partido e dominaron claramente ó seu rival. Rubi, Fran e un tanto en propia porta poñían ós ponteses cun claro marcador de 1-4 a falta de tres minutos e medio para o final do encontro. Un gol do local Javi poñía algo de emoción ó partido, pero con escaso perigo para a portería de Choto.
Con este triunfo o Esteo segue firme na primeira posición cunha ampla vantaxe –doce puntos- sobre os seus perseguidores a falta de nove xornadas para o final de liga. O vindeiro sábado (16,45) os ponteses reciben no pavillón da Fraga ó Leis de Pontevedra, un histórico vido a menos, equipo que chegou a militar na División de Honra do fútbol sala español.
O-Esteo-FS-2012-13.jpg


FICHA DO PARTIDO
A.D. BUEU: Piki, Lea, David, Mon, Adri –cinco inicial- Pocho, Javi e Toño.
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Bolly, Rubi –cinco inicial- Pellón, Héctor, Pelu e Gerveno.
ÁRBITROS: Otero Baltasar e Roldán Pérez (Pontevedra). Tarxeta amarela a Toño, Fran e Héctor.
GOLES: Min. 12 (0-1), Héctor. Min. 14 (1-1), David. Min. 27 (1-2), Rubi. Min. 31 (1-3), Fran. Min. 36 (1-4), Adri, en propia porta. Min. 38 (2-4), Javi.
INCIDENCIAS: Partido da 21ª xornada de Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal de Bueu.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios