Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – CÉLTIGA F.C. (3-2)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes segue nas primeiras posicións despois do seu traballado, pero merecido, triunfo sobre o Céltiga da Illa de Arousa, conxunto que se afunde nas últimas posicións en posto de descenso. O partido foi de dominio do As Pontes cunha primeira parte na que creou moitas ocasións de gol, pero o primeiro gol local tardou en chegar. Foi nun pase de Sergio Arias que Dani enviou ó fondo da portería visitante. Antes, Cañi tivo dúas boas oportunidades para marcar. O empate chegaría cinco minutos despois, logo de que Bossa enviase un forte disparo que o meta visitante Vila desviou a córner. Sería nun dubidoso penalti que o árbitro sinalou ó interpretar un inexistente derribo de Kiko sobre o dianteiro Juanito cando o porteiro pontés o que fixo foi darlle ó balón e o dianteiro visitante tirouse ó chan. Os segundos corenta e cinco minutos de partido foron de total dominio pontés, que unha e outra vez creou perigo na porta de Vila, primeiro en ocasións de Iván González, aínda que nada máis comezar este segundo tempo Cerqueira estivo a piques de marcar nun disparo que pasou rozando o poste esquerdo da porta de Kiko. Os da Illa adiantáronse no minuto nove nun despiste da zaga local que aproveitou Juanito para marcar. Pouco despois empata Cañi tras un centro de Sergio Arias. Acto seguido Rochela manda o esférico ó peito do porteiro do Céltiga que sae a córner e, pola contra, Kiko atalla un balón de Fede nunha inmellobrable ocasión para o xogador do Céltiga. A entrada de Dieguito e David Amado deu moita mobilidade á dianteira pontesa e este xogador creou perigo na porta visitante, incluso o árbitro non quixo ver un penalti sobre el mesmo no minuto trinta. Tamén Dani puido marcar, pero o seu cabezazo foise fóra por pouco. O gol da vitoria pontesa chegou a falta de tres minutos para o final nunha internada de Sergio Arias, o mellor do partido, establecendo o 3-2 definitivo, un resultado que fixo xustiza ó xogo realizado polos dous equipos.
cdaspontes


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Dieguito, m. 75), Chote, Pablo López, Dani, Iván (Esmorís, m. 88), Bossa, Sergio Arias, Cañi (D. Amado, m. 75) e Pablo Domínguez.
CÉLTIGA FC: Vila, Janeiro, Río, Unai (Beni, m. 60), Sombri, Groba, Cerqueira (Berto, m. 78), Jacinto, Fede, Breogán e Juanito.
ÁRBITRO: Óscar Martínez Santos, da delegación de Santiago. Mal asistido nas bandas por Gay Casal e Sampedro Baliño. Tarxetas amarelas a Kiko, Pablo López e Dani, do As Pontes, e Río e Unai, do Céltiga.
GOLES: Min. 39 (1-0), Dani. Min. 44 (1-1), Janeiro, de penalti. Min. 54 (1-2), Juanito. Min. 60 (2-2), Cañi. Min. 88 (3-2), Sergio Arias.
INCIDENCIAS: Partido de Terceira División disputado no campo do Poboado en tarde chuviosa e fría, a veces cuns raios de sol, con asistencia duns 200 espectadores, con presenza de seguidores da Illa de Arousa.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios