TRES PONTESES NO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Anxo Blanco, Xandre Fernández e Patricia Adega xogarán hoxe a primeira fase

Tres xogadores do CD As Pontes estarán na primeira fase do Torneo de Seleccións Comarcais, na categoría Alevín sub12.

Non acude Andrea Cruz, que estivo nos adestramentos das 20 preseleccionadas, pero a pesar de anotar dous tantos nas últimas dúas xornadas, non conseguiu entrar na lista definitiva de 14 xogadoras.

O evento disputarase este mércores festivo día 6 no Campo do Conco, en Dumbría. A selección masculina xogará contra Lugo ás 12:00, e a recén creada selección da Costa da Morte ás 16:45.

As rapazas, pola súa banda, tamén xogarán coa selección lucense á mesma hora, e despois, ás 17:30, contra Pontevedra.

As convocatorias son as seguintes:

SCDR Galicia de Caranza: Íker Castro, Diego Miranda, Brais Varela
EF Racing de Ferrol: Adrián Bouzas, Lucas Martínez
SCDR Narón O Freixo: Bruno Gondar, Sergio Prados
CD As Pontes: Anxo Blanco, Xandre Fernández
CD Narón: Iván González
Eume Deportivo: Iago Rojo
SD O Val: Héctor Rico
SD Cedeira: Javier Pita
SDR Numancia de Ares: David Vilasánchez

SCDR Narón O Freixo: Olivia Saavedra, María Díaz, Candela Gómez
Galicia Mugardos: Clara Pérez, Sabela Romero
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
Galicia de Caranza: Sara Cerdido
SD O Val: Celia Méndez
Meirás CF: Alba Cruz
SD Cedeira: Nuria Garrote
SRD Portuarios: Claudia Cumbrao
CD Cariño: Claudia Pardo
CD As Pontes: Patricia Adega

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios