Trofeo Volkswagen Gándara Motor. As Pontes 74–Deportivo de A Coruña-0-9

O Deportivo de Veteráns impúxose na primeira edición do Trofeo Volkswagen Gándara Motor disputado na tarde do sábado no Campo de O Poboado tras vencer ó As Pontes 74, recente campión da Copa pontesa de Veteráns, por 0 goles a 9.
Varios dos máis afamados ex xogadores do mítico SuperDepor dos anos 90, principios do 2000, entre eles, a zurda de ouro, Fran, o seu irmán Jose Ramón, ou Manjarín, deronse cita no campo pontés. Aquel Deportivo da Liga, dúas Copas, e tres Supercopas, o eterno capitán Fran participou en todas elas, que tempos aqueles. E por certo, coa presencia do asturián Manjarín sempre poderemos dicir que un campión olímpico xogou no Campo do Poboado.
Tamén foi emotiva a visita dun dos mellores gardamallas que tivo o Endesa de As Pontes, Carou. Unha temporada e media estivera o porteiro de Serra de Outes no cadro endesista, e foi un dos partícipes do maior logro, a cuarta praza en Segunda B, e a posterior fase de ascenso a Segunda División na tempada 1991-92, anque el non a chegara a xogar debido a súa fichaxe polo Rayo Vallecano de Primeira División. Posteriormente xogaría no Valladolid, na Liga estadounidense enrolado no New York Metrostars e Long Island Rough Riders e tamén xogaría, entre outros, no equipo portugués do Chaves.
trofeo_gandara


Tamén estivo, tan campechano coma sempre, e coma un carballo, ós seus 82 anos, o mítico adestrador Arsenio Iglesias, o “zorro de Arteixo”.
Enfronte estaba o cadro campión da Copa de Veteráns, con varios destacados xogadores ponteses coma o central Fran Pena, o lateral esquerdo Jesús Paz, ou o talento do medio campo, Marco Roca.
Do encontro en si pouco hai para comentar, o As Pontes 74 prantou cara ó Deportivo durante os 90 minutos, pero a lóxica impúxose e os goles foron caendo un detrás de outro, cinco na primeira metade, ata o 9-0 definitivo rematado o encontro. Fran, como non, foi un vendaval por ambas bandas e anque non marcou, deu incontables asistencias de gol e mostras da súa categoría, aínda con 44 anos ás súas costas.
Polo cadro herculino, a pesar dos nove goles so marcaron tres xogadores, Chema, que marcou cinco tantos, Ricardo que anotou tres, e o irmán Jose Ramón, que meteu o séptimo, e por certo, atópase en perfecto estado para pasar a ITV ós seus 45 anos.
Xogaron polo As Pontes 74, Pellón, Toni Rey, Fran Pena, Paz, Raúl, Paulino, Marco Roca, Julio, Fran Lamas, Víctor, Vila, Óscar, Manel Da Silva, Xose Cendán, Platas, Trabuco Vázquez e Rober.
Polo cadro deportivista participaron Carou, Mauri, Luis Gómez, Antonio, Jose Ramón, Jorge, Manjarín, Ricardo, Víctor, Fran, Pardo, César, Chema e Joao.
Arbitrou o colexiado lucense Marqués Espiñeira e ó final do encontro os capitáns de ambos equipos recolleron os trofeos. Tamén se lle entregou como agasallo a cada xogador deportivista un libro do cincuentenario do CD As Pontes (1960-2010).
Antes do comezo do partido gardouse un riguroso minuto de silencio polas 79 victimas do tráxico accidente de tren nas cercanías de Santiago de Compostela, e ambos equipos luciron brazalete negro.
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
trofeo_gandara
Nova cortesía de Miguel Ferreiro Eimil, AF e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios