O fútbolista de Marín, Aitor Díaz Chans (primeiro, ollo dereito), ven de ser convocado esta semana para os primeiros adestramentos que levará a cabo a selección galega de afeccionados o vindeiro martes.
O central de 27 anos xogou nas categorías inferiores do Pontevedra, para logo pasar polo Portonovo, breve estancia no Real Murcia B, Pontevedra B e Cerceda as últimas cinco campañas antes de chegar este ano ó As Pontes. Non é a súa primeira convocatoria pois xa estivo convocado en anos anteriores.
Vellos coñecidos do fútbol pontés na lista, na que tamén está o dianteiro Hugo Soto, que estivo dúas campañas no As Pontes, e o medio centro nixeriano Dapo, que xogou co equipo xuvenil de División de Honra. Do Somozas van Alex Bao e Jose Manuel, e do Racing Vilalbés, Josito, Justino e Efrén.
Esta temporada 2013-14 xogarase a fase por países, torneo que Galicia gañou a nivel estatal en 2010, e o campión de cada país xogara a fase europea na 2014-15.
O torneo europeo foi gañado polo País Vasco en 2005 e Castela e León en 2009. A Comunidade de Madrid foi finalista en 1999, e Cataluña perdeu este 2013 nos penaltis, curiosamente ambas seleccións perderon na final coa rexión italiana de Veneto. Os outros campións foron Moravia (2001), Piamonte (2003), Baixa Silesia (2007) e Braga (2011).
A convocatoria completa é a seguinte:
Racing Vilalbés: Jose Castro, Justino Campello, Efrén Rodríguez
CD Boiro: Alberto Rendo, Adrián Armental, Hugo Soto
UD Somozas: Jose Manuel González, Alejandro Bao
Rápido de Bouzas CF: Pablo Fernández, Carlos Hortal
CCD Cerceda: Jorge Cano, Marcos Caridad
SD Ordes: Mario Barreiro, Esteban Capelo
Arousa SC: Jose Ángel Godar, Adrián Camiño
Laracha CF: Denis López, Raúl Añón
Pontevedra CF: Rubén López
CD Dorneda: Oladapo Oladipo
UD Barbadás: Martín Fernández
CD As Pontes: Aitor Díaz
Nova cortesía de Xose Ferreiro