Un ISP no Reino Unido ofertará 24 Mbits por menos de 30 libras

Lendo agnix.org:
“Be, o ISP británico, confirmou que o seu servizo de 24 Mbits costará menos de 30 libras esterlinas.
En principio non está previsto que teña ningunha limitación de cantidade de datos descargados, nen de outro tipo.”…


…”O servizo de banda ancha desde o operador de bucle local será lanzado en Londres capital dentro dun par de meses unha vez que Be teña instalado os seus kits nos 45 intercambiadores de British Telecom.
Aínda máis, Be anunciou plans para dar aos seus clientes unha caixa Be cun router inarámico de balde, sería un Thomson SpeepTouch 716g que habitualmente mércase por 116.99 libras.
Facendo unha valoración desta nova aínda parece que estamos moi, moi lonxe do Reino Unido, e o gap dixital aumenta.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios