Unha ducia de barcos na regata pontesa

Diario de Ferrol. Unha ducia de barcos participaron esta fin de semana na Regata Vila de As Pontes, que cumpríu a súa oitava edición. Na modalidade de “vaurient”, as embarcacións percorreron un triángulo olímpico en dúas xornadas, nas que se puideron completar as seis mangas previstas. O tempo portouse, e mesmo o vento foi bo aínda que por veces se quedaba un pouco frouxo.


O sábado saíron tres barcos do Clube de Vela Fluvial, mentres o domingo tan só permanecía xa en competición o formado por Pepe Guerreiro e Natalia Guerreiro. Houbo un grande nivel na participación, e na categoría absoluta gañou o grande favorito, o equipo formado por Andrés Vieitez, de Vigo, e Nacho Campos, tamén vigués, pero que compite regularmente no Real Club de Regatas de Alicante. Os segundos foron os tamén olívicos Andrés e Rafael Jiménez, irmáns aínda na categoría xuvenil. O terceiro posto foi para A Mariña con outros dous irmáns, Roi e Noa García, do Clube Grupo de empresa Alúmina aluminio.
Triunfos. En xuvenís os mellores foron Andrés e Rafael Jiménez, co segundo posto para Adrián Domínguez, e Ana Santiso. Na terceira posición quedaron Violeta Martínez e Lucía Llopis. Nesta categoría o podio foi copado polo Real Club Náutico de Vigo, ó que pertencían os tres barcos en liza.
E xa por último, na clasificación feminina gañaron María Lamas e Laura Llopis, por diante de Rocío Fernández e Fátima Diz, do Náutico Rodeira, que evitaban así outro pleno vigués, pois terceiras remataron María Lamas e Laura López do Náutico tamén da cidade olívica.

También podría gustarte
Comentarios