UNHA PONTESA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE RUGBI

A xogadora de As Pontes Carla Da Silva Castro quedou esta mañá do domingo subcampiona de España tras caer o seu equipo, o Crat de A Coruña, na final disputada en León ante o Olímpico de Pozuelo por 21-17.
Inmaculado o torneo do equipo coruñés ata a final, gañaron os sete partidos de Liga, Majadahonda (56-0), Complutense Cisneros (0-29), Olímpico Pozuelo (15-8), INEF Barcelona (24-7), Sanse Scrum (0-22), GEiEG Girona (24-28), Getxo Artea (57-0).
Xa na rolda de semifinais na que clasificaron os catro primeiros equipos, o Crat impúxose ó Girona por 28-10, mentres que o Olímpico, que foi de menos a máis no torneo, venceu nada más e nada menos que 0-43 ó campión das tres anteriores edicións, o INEF Barcelona.
Xa na final disputada o domingo en León, as madrileñas dirixidas maxistralemnte por Patricia García, e con tres ensaios e tres transformacións, foronse ó descanso cunha ventaxa de 0-21 no marcador
carla.jpg


Pero que lle pregunten o FC Barcelona de balonmán, que, tendo o mellor plantel, desperdiciou unha ventaxa de seis goles nos últimos nove minutos para acabar perdendo nos penaltis co futuro campión Flensburg.
No mundo do deporte ata o rabo todo é touro, e o equipo coruñés conta con seis internacionais, Rocío García, Elsa Porto, Vanesa Rial, Elena Roca, Berta García e Paula Medín.
Apretaron na segunda metade e conseguiron anotar tres ensaios, pero unha soa transformación, co cal as madrileñas acabaron gañando por 17-21.
Carla convírtese deste xeito na segunda xogadora pontesa subcampiona de España, tras Jacqueline Cruz Chayana, que o foi tanto a nivel de clubes como coa selección galega.
rugbi_1.jpg
rugbi_2.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios