Amigus
As Pontes

V CITA COA HISTORIA

Os reloxos contaron cara atrás e unha nova Cita coa Historia, a quinta, serviu de máquina do tempo para dar o salto a outras épocas.

As rúas do barrio pontés máis antigo, a Vila, enchéronse de romanos, de castrexos, de diferentes artesáns e incluso de seres máxicos xa o venres, nunha viaxe ao pasado que se prolongará ata hoxe cun programa cargado de propostas.

Tras a primeira noite animada polas gaitas, o sol sumouse á festa, pero foron bastantes os que decidiron retar ás altas temperaturas buscando algunha sombra e algo para referescarse nalgunha das tabernas -sempre animadas-, que se suman ao medio cento de mercaderes que ofrecen xabóns, especias, gastronomía, aromas, xoias ou xoguetes, entre outra infinidade de produtos, na rúa Real e a Praza da IgrexaNa Rúa dos Oficios, mentres, outra decena de artesáns mostran os seus traballos en vivo. “A xente empeza a coñecer máis esta rúa e hai movemento”, dicían os artesáns ao tempo que recibían aos camiñantes que se perdían entre o traballo no torno de Amigos da Madeira, os segredos da construción de gaitas con Xosé Piñeiro, as técnicas de confección de cerámica romana con María Isabel Carril, a forxa con José María Castro, o taller de tecidos de Raquel Arnáiz e Maite Palacios ou como se acuñaban as moedas da man de Raimundo Ruibal.

A Cita coa Historia, organizada pola asociación Lembranza da Vila en colaboración co Concello das Pontes

“Tivemos moita máis participación que o ano pasado no concurso de caracterización. Este ano fixéronse sobre 50 tomas, entre as fotos individuais, de parellas ou grupos”, explicaron.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios