Amigus
As Pontes

V REGATA LAGO DE AS PONTES – WINDSURF

Esta próxima fin de semana o lago de As Pontes volverá a acoller unha nova proba do calendario windsurf galego, neste caso para albergar a disputa da V REGATA LAGO DE AS PONTES, organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes,e que será puntuable para o ranking galego.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Competirán as clases Raceboard, Fórmula Windsurf, Techno Sub-17, Techno Sub-15, e ademáis haberá unha clase especial de Escola para a promoción de este tipo de competición entre os máis novos que se inician no deporte do windsurf.

Está previsto la participación dunhos 30 regatistas, algúns deles do máis destacado do panorama do windsurf galego, procedentes de clubs de toda Galicia, estando xa confirmada a presenza de deportistas do Vértigo Sailing de Vigo, Catro Ventos de Aguiño, Ferrolvento de Ferrol, Limens Wind & Sup de Cangas, Club Náutico de Cangas ou Playa de Oza de A Coruña.

Cada un dos dous días de regata disputaránse un máximo de 3 mangas por clase, estando previstas as primeiras saídas do sábado 1 de Setiembro para as 15:00 hs, e as do domingo 3 de Setembro para as 13:00 hs.

O clube pontés estará representado por alo menos 2 regatistas, Luis Díaz-Faes na clase Raceboard e por Javier Martínez na clase Techno Sub-17.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios