V Regata Lago de As Pontes

A partir das 15:00 hs de hoxe sábado dará comezo a primeira das probas da V Regata Lago de As Pontes, organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes.

Unhos 40 regatistas repartidos entre as clases Bic Techno, Raceboard e Fórmula Windsurf competirán nesta proba que clasificatoria para o ranking galego. Entre estes regatistas destaca a presencia de Jorge Maciel que foi olímpico en Atlanta 1996 e Sidney 2000.

Nesta edición participan clubs de Ares, Castrelo de Miño, Riveira, Cangas do Morrazo, Ferrol, A Coruña, Vigo e Hondarribia

Para a xornada de hoxe agárdanse unhos 10-11 nós de vento o que seguro fará divertida e entretida esta regata tanto para deportistas como para espectadores, dado que o campo de regatas se montará o máis perto posible da zona da praia co obxeto de que poda ser seguida pola xente que se achegue ata o lago.

A xornada do domingo, con previsións de vento bastante máis pesimistas, dará comezo ás 13:00 hs.

As altas temperaturas previstas para este fin de semana de seguro que invitarán a que bastante público se achegue ata a praia do lago de As Pontes.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios