Amigus
As Pontes

V Ruta BTT Terras do Eume

Outro ano mais, e xa vamos pola V edición!, estamos novamente con ganas de vervos e disfrutar dunha excelente mañan de btt!!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Para esta V TDE, debido principalmente a boa acollida e criticas da pasada, o trazado vai ser moi similar o da anterior edición, mellorando esta ou tratando polo menos de facelo, sacando algo mais de asfalto e pista e tratando de meter mais sendeiros deses que sabemos que tanto vos gustan!!…e..eliminamos o pincho mais grande que deu tanto que facer o ano pasado 🙂 …

A ruta sera, como habitual, federada e celebrarase o dia 16 de Setembro, con saida e chegada de diante o Concello de As Pontes as 09:00 horas. A ruta estará cronometrada mediante chip sin coste engadido os deportistas.

Habera a posibilidade de escoller tres distancias:

Ruta curta 25 km e 650 m+ Nivel fisico baixo-Tecnico medio
Ruta intermedia 44 km e 1080 m+ Nivel fisico medio/alto-Tecnico medio/alto
Ruta longa 48 km e 1200m+ Nivel fisico alto-Tecnico medio/alto

O track enviarase os inscritos o sabado dia 15 de Setembro

Contarase con 4 avituallamentos, 2 liquidos e outros 2 liquidos+solido.

As inscripcions estarán limitadas a 300 inscritos.
Precio federados 9€
Precio non federados 19€ (9€+10€ licencia de un dia)
Xantar participantes 10 €
Xantar acompañantes 10 €
As inscripcions estarán abertas dende hoxe (http://inscripciones.ranckr.com/evento/v-ruta-terras-do-eume) ata o día 12 de Septembro; por motivos meramente organizativos, a partir do dia 09 de Septembro as 23:59:59 o precio da inscripcion incrementarase en 6 €.

Novamente, por motivos organizativos, os cales supoño tod@s entenderedes, NON SE ADMITIRAN INSCRICCIONES FORA DE PRAZO.

Retirada de dorsais:
Todos os participantes que formalizaran a súa inscripción, poderán retirar o dorsal o sábado 15 Setembro de 18:00 a 20:00 h e a partir das 08:00 h o mesmo día da proba no Polideportivo municipal de As Pontes, ata 08:30 hora antes da saída.
Os participantes federados deberán presentar para retirar o dorsal, o DNI e a licenza federativa.
Os menores de 18 anos deberan traer asinada a DECLARACION E ASUNCION DE CONFORMIDADE (ver reglamento).
Idade minima para participar 15 anos.

Mais detalles no regulamento adxunto que atoparedes na paxina de prueba-t a hora de formalizala inscripción.

O aparcamento e os sevicios de lavado de bicicletas e duchas,estaran situados como en edicions anteriores, no Polideportivo Municipal.
O xantar estara situado como en pasadas edicions, nas inmediacions do Polideportivo, no local do Club Ciclista Terras do Eume, situado no Hexágono.

Duchas (ciclistas e bicis)

https://www.google.es/maps/place/Polideportivo+municipal/@43.4506415,-7.8470837,18z/data=!4m5!3m4!1s0xd2e0163f646da8f:0xfed2c1a052b01358!8m2!3d43.4499066!4d-7.8439526

Saida:

https://www.google.es/maps/place/Concello+das+Pontes+de+Garc%C3%ADa+Rodr%C3%ADguez/@43.4486617,-7.8472153,16.75z/data=!4m5!3m4!1s0xd2e015067f3e103:0x1c4132793f757884!8m2!3d43.450999!4d-7.8529635

Para tomar un café (non incluido no precio inscripción 🙂 ) antes da saida:

Hotel Pontes do Eume
Rúa Rita Rivera Chao, 15.
https://goo.gl/maps/4Nuw7TvPWyy

Para tomar unha caña fresquiña (non incluido no precio inscripción 🙂 ) despois da ducha:

Mesón O Martínez
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 55
981 45 23 63
https://goo.gl/maps/Q8kaUqdTFdm

Sen mais, desexamos vervos a tod@s e esperamos que pasedes un día estupendo de btt con nos!.

Nova cortesía de Club Ciclista Terras do Eume

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios