Varios ponteses, convocados coa Selección Galega de fútbol afeccionado

A Federación Galega de Fútbol acaba de facer pública a relación de convocados pra o adestramento a realizar pola Selección Galega de Afeccionados, que se levará a cabo no Campo Anxo Carro(Lugo), no que desputarán un partido de preparación fronte ó C.D. Lugo, que milita actualmente na Segunda División B. No listado hai varios nomes de futbolistas ponteses coma o de Simón Cabarcos e o de Xoel González. Dubidamos se Marcos Álvarez (Galicia de Mugardos) é de As Pontes tamén (a ver si alguén o pode confirmar). Nesta ocasión non entran na convocatoria os tamén ponteses Javi Dopico (Montañeros) e Adrián Bouza (Cerceda).
Gracias Xosé A. Ferreiro pola info!

Listado de Seleccionados:

Convocados_selección_galega_afecionados.JPG
Os convocados terán que persoarse no Campo Anxo Carro (Lugo) ás 16:00h de mañá xoves, día 15 de Novembro.
Ver o comunicado oficial da Federación Galega de Fútbol en formato pdf

También podría gustarte
Comentarios