Vitoria do Xuvenil A, empate do Xuvenil B

Na tarde de hoxe, tres puntos moi importantes para o equipo xuvenil de Liga Nacional, que venceu por 3 a 0 ó Residencia de Lugo, goles de David Amado (2) e Luis, e situase nunha zona máis tranquila na táboa clasificatoria. Xogaron Iván, Donapetry, Noé, Kiko, Cristián, Alex Antón, Amado, Luis, Michel, Vicente e Borja. Na segunda metade entaron Fernando e Alex Fresco.
Pola súa banda, empate a ceros do xuvenil de Liga da Ría perante o Rápido de Neda. O equipo pontés mereceu a vitoria pois foi o único equipo que saíu en busca do gol ante un conxunto visitante ben replegado atrás, tivo boas ocasións o cadro local, Abeás, Fermín, Amady, Pellón, pero unhas veces a defensa e porteiro nedenses e outras veces a falta de puntería impediron a vitoria dos ponteses. Xogaron Alex, Antón, Mourín, Abeás, Carlos, Amady, Hugo, Pellón, Ali, Fermín e Iago. Na segunda metade entraron Fran e Chesi.


futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

futbolx_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios