X Maker Faire Galicia 2024
Hoxe sábado terá lugar a primeira de tres entregas da nova Maker faire, que celebrando o seu décimo aniversario da un xiro para voltar á orixe, como reflicte o emprazamento que volta a estar en Área Central.
A xornada terá dez horas de mesas e charlas, exposicións, obradoiros e ludoteca dende as 10 da mañán, ata as oito da tarde.
Tanto a entrada como as actividades son de balde. Podes consultar máis abaixo un plano de situación con horario, moi útil sobre todo para as charlas.
Máis información na web da Maker faire ou nas súas redes Facebook, Instagram e X.