XI MARATÓN ESCOLAR DE FÚTBOL SALA ABRENTE: I MEMORIAL MANOLO RIVAS

Despois de celebrarse o maratón de fútbol sala de pais e mestres, esta fin de semana tocoulle ós alumnos de tódolos colexios da vila. En total participaron nesta undécima edición, coa que se constituía a primeiro Memorial Manolo Rivas, trinta equipos masculinos e femininos, dende prebenxamín a categoría xuvenil.
Castro da Uz, Moncho Valcarce e A Fraga acadaron dous títulos cada un, mentres que Monte Caxado e Santa María lograron un campionato.
Na final cadete masculina Castro da Uz gañou con claridade (3-0) a Moncho Valcarce A. Contundente foi tamén a vitoria de Monte Caxado en infantil masculino sobre Moncho Valcarce (5-0). Más axustada estivo a vitoria de Castro da Uz en infantil feminino diante de Monte Caxado (2-1). En xuvenil masculino vitoria de Moncho Valcarce sobre Castro da Uz (4-3). En cadete-xuvenil feminino triunfo de Moncho Valcarce xuvenil, por 2-0, ante Moncho Valcarce cadete.
Nas categorías prebenxamín e benxamín A Fraga logrou senllos títulos ó impoñerse a Santa María B (2-1) e a Monte Caxado por 3-2, respectivamente. A goleada nas finais estivo na categoría alevín, cun claro e contundente 9-0 de Santa María sobre o conxunto de A Fraga.
abrente_001.jpg


No intermedio das distintas finais disputouse un partido amigable na memoria de Manolo Rivas entre o Farmavida, equipo no que xogaba na liga local de veteranos, e o Moncho Valcarce.
Ó remate do torneo realizouse a entrega de trofeos ós premiados que estivo presidida polo alcalde da vila, Valentín González Formoso.
Como colofón, a organización rendeu un emotivo homenaxe a Manolo Rivas, persoa moi querida e apreciada, que faleceu o pasado 17 de febreiro e que durante moitos anos estivo vencellada á entidade escolar Abrente, ademais doutros colectivos culturais, sociais e deportivos da localidade. Un familiar de Manolo Rivas recolleu a placa conmemorativa desta primeira edición do seu memorial, no medio dun caloroso aplauso do numeroso público que se achegou ata o pavillón municipal da Fraga.

RESULTADOS DAS FINAIS
CADETE MASCULINO
Castro da Uz – Moncho Valcarce A (3-0)
XUVENIL-CADETE FEMININO
Moncho Valcarce xuv.-Moncho Valcarce cad. (2-0)
INFANTIL MASCULINO
Moncho Valcarce – Monte Caxado (0-5)
INFANTIL FEMININO
Monte Caxado – Castro da Uz (1-2)
XUVENIL MASCULINO
Castro da Uz – Moncho Valcarce (3-4)
CATEGORÍA PREBENXAMÍN
A Fraga – Santa María B (2-1)
CATEGORÍA ALEVÍN
Santa María – A Fraga (9-0)
CATEGORÍA BENXAMÍN
A Fraga – Monte Caxado (3-2)

abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
abrente_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios