XII Trofeo de Karate Concello de As Pontes
O Pavillón Municipal acolleu este domingo a duodécima edición do Trofeo de Kárate Concello de As Pontes. Participaron o Rembukan As Pontes, tres equipos de Ferrol, Grupo Bazán, Júpiter e Santiago Apóstol, AM Fene, LN de A Coruña, AD Galaika de Santiago, KC Carballo, O Coto de Negreira e San Francisco de Teo. Por parte local, medalla de ouro para Ángel López Baamonde en Xuvenil masculino (+60) e medalla de bronce para Martín Baamonde Rodriguez en Xuvenil Masculino (-60).
Nova cortesía de Xose Ferreiro