Amigus
As Pontes

Xuvenil-Matojoma Piragüismo. Comezan os descensos de ríos na liga galega de Piragüismo.

O domingo as piraguas voltaron ao río Miño entre Rábade e a capital lucense e unha parte do equipo do Xuvenil-Matojoma desprazouse un ano más para participar no que é unha das competicións máis lonxevas de España.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Dende a saída de Rábade percorreron os 17 km de descenso os veteráns-A Antonio Polo, que gañou e conta por victorias as súas últimas participacións e José Antonio Menéndez que rematou 5; e o Veterán-B Ernesto Gancedo que foi sexto na súa categoría de idade.Os máis novos e novas saían dende o lugar de Ombreiro e tiveron que percorrer 5 km con correntes e un par de saltos de presas. O equipo pontés levou ao seu debut na modalidade a Celia Durán, que rematou 4 k1 muller cadete, e Antón García e Pablo Vispalia que foron 14 en k2 Home cadete.

Fotos cortesía de Susana Bellas.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios