XVI GALA DO DEPORTE DE AS PONTES 2016

O vencedor resultou por segunda vez consecutiva Miguel Alvariño García, nun evento no que se entregaron once premios e dezaseis mencións especiais.

O vencedor resultou por segunda vez consecutiva Miguel Alvariño García, nun evento no que se entregaron once premios e dezaseis mencións especiais.

Este venres pola noite tivo lugar nun Pavillón Municipal da Fraga ateigado, a decimosexta edición da Gala do Deporte de As Pontes.

Nun evento amenizado e moi ben levado por Xalo Maira e Rafa Durán, premiábanse ata once categorías e outorgábanse ata dezaseis mencións especiais.

Abriu un acto que durou máis de dúas horas e media, o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e pechouno o Alcalde, Valentín González Formoso. Resaltaron a práctica de 48 deportes e a existencia de 14 escolas deportivas nun pobo de pouco máis de dez mil habitantes.

O evento, tras once anos de ausencia, retomou a súa andaina o ano pasado, e o vencedor como mellor deportista pontés por segunda ocasión consecutiva foi o arqueiro Miguel Alvariño García, galardón refrendado por ser o primeiro deportista da vila mineira en participar nuns Xogos Olímpicos, ademáis de lograr dúas medallas na Copa do Mundo de Medellín, ou o cuarto posto no Europeo de Inglaterra.

Recolleu o premio a súa nai, dado que Alvariño, ó igual que varios compoñentes do Clube Silex atópanse nunha competición de Tiro con Arco na localidade francesa de Nimes, aínda que o arqueiro deixou un vídeo de agradecemento grabado.

Anteriormente gañaran o premio o colexiado Evaristo Puentes Leira (1989 e 1994), cinco piragüistas, Arturo Torrente (1990, 1991 e 1993), Antonio Polo (1992), Dani Feijoo (1997), o malogrado gañador do Sella Jose Ramón Corral (1998, e compartido con Arturo en 1990), e Borja Prieto (2000). Tamén venceron no seu día a taekwondista Lucía Legaspi (1995 e 1996), o patinador Mario Calzas (1999), o porteiro de Kaiak Polo Serafín Fontao (2001), e a atleta Susana Castro, que gañou un único premio polos anos 2003 e 2004.

No evento tamén repetiu como mellor promesa Gabriel Tembrás, i é que o taekwondista do Moo Duk Kwan, ao marxe de diversas medallas en torneos internacionais, logrou tres ouros no Campionato Galego, e un ouro no Campionato de España de Clubes.

Tamén resultou premiado Marco Roca como mellor adestrador. Tras nove anos xogando nas categorías inferiores, doce no primeiro equipo, e outros nove dirixindo ós equipos de base, deu o salto esta campaña ó primeiro equipo do CD As Pontes, facéndose cargo dun equipo cun panorama moi complicado.

O premio á traxectoria deportiva levouno o piragüista Antonio Polo, i é que o maratoniano, Campión de Europa de Veteranos 2013, plata na Copa de Europa 2006 ou quinto na Copa do Mundo 2009, aínda segue padexando, e gañando Campionatos galegos e estatais, ós seus 40 anos.

O premio á mellor dirixente recaeu na ex atleta, quíntuple Campiona de España e doble medallista de bronce coa Selección Española Junior, a gran Susana Castro Pena, presidenta do Atletismo Olympo, e o recoñecemento a toda unha vida adicada ó deporte foi para Xose Cendán Montero, xornalista deportivo da TV e Radio Local, xogador do Fendetestas e da Liga Local de Veteranos, ós seus 47 anos, ou ex adestrador da Selección Galega de Rugbi, entre outras moitas cousas. Xa recibira o premio como comunicador en 1991 e como adestrador en 1995.

O Esteo foi premiado como mellor clube, refrendado por catro anos consecutivos na Segunda División B, sendo o único equipo da localidade que compite contra clubes do resto de España, ademáis de ser a día de hoxe o séptimo equipo galego en canto a resultados, únicamente por detrás de Santiago Futsal, Burela, O Parrulo Ferrol, Prone Lugo, Cidade de Narón e Noia.

Fixo doblete ó recibir tamén o premio de mellor labor de base. Recolleron os trofeos, o presidente e vicepresidente do clube pontés, Fran Fernández e Juan Rodríguez. O ano pasado, ambos galardóns recaeron no CD As Pontes.

Tamén houbo premios para o Gadis, como mellor entidade colaboradora, o Northwest Triman, como mellor evento, e o reconoñecemento á labor comunicativa recaeu na web amigus.org, da Asociación Informática Amigus, premio recollido polo seu presidente Luis Otero.

Entregáronse ademáis 16 mencións especiais, que recaeron nos futbolistas, David Rochela, as deportivistas Raquel Béjar e Malena Mieres, e Sergio Otero, quen debutou no Racing de Ferrol con 16 anos ademáis de quedar subcampión de España Cadete.

Outros foron para o Campión Mundial por equipos, e cuarto clasificado individual, de Waveski Surf, Iván Pena, o bicampión galego de Rallys, Adrián Bouza, o cuádruple Campión de Asturias da especialidade, Pablo Castro, ó ironman Aitor Franco, o maratoniano extremo David Castro, e os raiders Felipe Peña e Pablo López, ambos do Raid Gallaecia.

Tamén resultaron premiados os rugbiers Carla Da Silva, Cynthia Arias e Joel Carballeira, por participar coa Selección Galega Absoluta, o equipo de veteranos do Xuvenil de Piraguismo, gañador da Liga Galega, e os xoves, Dani Castro, arqueiro que participou no Europeo Junior de Rumania, e a gran taekwondista Bea Felpeto, parella deportiva de Gabi Tembrás.

Entregaron os diversos premios o Alcalde, os concelleiros, Chicho Tembrás, Montse García, Ana Pena, Sonia Sueiro, Toñito Castro, Antonio Alonso, Juan Carlos Romero, Jose Alén, ademáis de Manolo Escourido, e tamén estivo Alberto Pellón.

Entre os diversos persoeiros, estivo presente o presidente da Federación Galega de Piragüismo, o canoísta grovense Jose Alfredo Bea, quíntuple subcampión mundial, e cuarto clasificado nos Xogos de Sidney 2000, xunto a David Mascato, marido de Teresa Portela.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios