CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 20-21-22 / XANEIRO / 2017

Triunfos do feminino, cadete, infantil, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

Triunfos do feminino, cadete, infantil, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
UD CEBARCA – CD AS PONTES (0-1)

Complicado triunfo do Feminino na súa visita a Cerdido, onde gañou 0-1, gol de Nuria no inicio do encontro. Tanto que valeu os tres puntos. A boa central de San Sadurniño logrou o seu cuarto tanto da tempada.

Agardando o encontro deste domingo entre San Sadurniño e O Val B, de momento son segundas con 44 puntos, á espera de recibir ó Galicia de Mugardos, decimoterceiro con 16.

Xogaron Leti, Andrea Pita, Nuria, Yoli, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carolina Rodríguez, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (4-1)

Derrota do Xuvenil na súa visita a Pontedeume (4-1) e xa baixan á cuarta posición con 14 puntos, a sete do líder Meirás, equipo que visitará o Poboado a vindeira xornada.

Marcou Jose antes e despois do descanso. Recurtou distancias Cazás, pero preto do final dous tantos consecutivos de Ángel deron o triunfo ó Eume.

Xogaron Lino, Iago, David, Bruno, Unai, Andrés, Carlos, Jaime, Cazás, Casas, Alex Barro, e despois entraron Fraga, Meidán, Manuel Romero e Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS (4-2)

No duelo entre os que eran dous últimos clasificados, gañou o Cadete 4-2 ó Amistade de Meirás. Agora son novenos con sete puntos, e visitan ó Portuarios B, antepenúltimo con cinco.

E iso que os locais comezaron perdendo co gol de Natalia, pero os tantos de Jose, Vicente, Jandro e Adrián déronlle a volta ó marcador, recurtando distancias Alex ata o definitivo 4-2.

Xogaron polos de Rubén Pardo, Juan, Azoin, Xavi, Nono, Antonio, Santi, Xoel, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose e despois entraron Adrián, Jandro, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CEDEIRA SD (3-0)

Triunfo do Infantil 3-0 ante o Cedeira, co que logran a súa segunda vitoria no grupo segundo e son quintos con seis puntos empatados con outros catro equipos. A semana que ven visitan ó Numancia de Ares, oitavo con tres.

Dous tantos de Adrián Bellas e un en propia meta deron os tres puntos a un conxunto no que Rivas formou con Mario Regueiro, Eloy, Alejandro, Xose, Samuel, Eyob, Xoel, Adrián, Jandro, Hugo, Diego, e logo entraron Edgar, Mario Fraga, Dani, Mateo e Sergio Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (9-0)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES B (4-3)

O Alevín A goleou 9-0 ó colista San Sadurniño. Cinco tantos de Diego Purriños, e un de Alex Montero, Billal Belhaj, Ángel Purriños e Sergio Cabarcos. Mentres, o Alevín B perdía 4-3 ante o segundo e con pleno de triunfos, Eume, goles de Israel Varela (2) e de Alexo Platas, mentres Brais anotaba os catro dos de Pontedeume, incluido un penalti no derradeiro minuto. O A é terceiro con nove puntos e o B quinto con seis. Un visita ó Galicia de Caranza, oitavo, e o outro recibe ó Racing de Ferrol C, sexto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA (7-2)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES B (2-1)

O Benxamín A gañou 7-2 ó Rapido de Neda, e segue líder con quince puntos, xa con cinco de ventaxa sobre o Ánimas. Próxima visita ó Galicia de Caranza B, cuarto con nove. Tantos de Sergio Vázquez (3), Destaw Pellón (2), Diego Lozano e Alejandro Leal. O Benxamín B perdeu 2-1 en Cedeira, tanto de Xoel Vigo. Oitavos con tres puntos, reciben ó Miño, sexto con catro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES (0-3)
CD AS PONTES B – RACING DE FERROL C (4-4)

Vitoria do Prebenxamín A 0-3 en Ares ante o Numancia. Segundos con nove puntos reciben ó líder do grupo dos mellores con pleno de triunfos e doce puntos, O Freixo. Dous tantos de Xandre Domínguez e un de Lucas Blanco. O Prebenxamín B empatou 4-4 co Racing de Ferrol C nun encontro moi competido, no que chegaron a ir 2-0, pero tamén 3-4, empatando no último suspiro. Dous tantos de Xoel Galego, e un de Guillermo Folgar e Brais Varela.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios