SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ALBENSE F.S. – O ESTEO F.S. (3-3)

Os ponteses rescataron un punto no último suspiro

O Esteo pontés de fútbol sala rescatou un punto na súa visita a Salamanca, ó empatar 3-3 co Albense.

Os ponteses comezaron o encontro moi fríos, e nunca mellor dito, e ó pouco ós locais xa gañaban 2-0, aínda que recurtaba distancias Jaco nunha gran xogada individual.

Antes do descanso,e con ocasión para O Esteo, sonou a bocina cando aínda non se cumprira o tempo, tralo cal houbo unha tangana na que resultaron expulsados o porteiro local e Lito.

Trala reanudación, Alex Garea empataba de falta directa, e a pesar de ter os de Javi Saa moitas ocasións, eran desbaratadas por un vello coñecido, Santos.

Faltando pouco, o colexiado interpretou man de Gerardo cando se marchaban sós tres xogadores visitantes. Era a sexta falta e os locais poñían o 3-2.

O Esteo sacaba o porteiro xogador e a poiuco do final Ayala empataba de tiro raso e aínda terían algunha ocasión máis para levarse a vitoria.

Sextos con 21 puntos visitan ó Guardo, segundo con 30, no que será o inicio da segunda volta. Na ida, 4-5. Os salmantinos quedan oitavos, con 16.

FICHA DO PARTIDO
ALBENSE FS: Miguel, Juanto, Berti, Óscar, Javi –cinco inicial- Diego Vicente, Diego, Christian, Rober e Santos.
O ESTEO FS: Iván, Jaco, Héctor, Lito, Ayala –cinco inicial- Rober Paz, Alex Garea, Gerardo e Pablo.
ÁRBITROS: Merino González, Moreno De Santos (Segovia). Amarelas a Javi, Juanto, Héctor, Rober Paz, Expulsou ós locais Miguel e Berti polos locais e a Lito polos visitantes.
GOLES: Min. 2 (1-0), Juanto. Min. 9 (2-0), Javi. Min.10 (2-1), Jaco. Min. 23 (2-2), Alex Garea. Min. 37 (3-2), Óscar. Min. 39 (3-3), Ayala.
INCIDENCIAS: Último encontro da primeira volta disputado no Pavillón Municipal de Alba de Tormes. Uns 150 espectadores.

LIGA DA TERRA CHA
INFANTIL: O ESTEO FS – OUTEIRO (1-7)
ALEVÍN: O ESTEO FS – OUTEIRO (8-2)
BENXAMIN: O ESTEO FS – OUTEIRO (8-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios