ACTUACIÓN DO CLUBE SILEX NA COPA DO MUNDO DE NIMES

Tres arqueiros participaron esta fin de semana na proba disputada en Francia

Tres arqueiros ponteses desprazáronse á localidade francesa de Nimes para participar na prestixiosa proba da Copa do Mundo Indoor, máis coñecida como en Sala.

En Recurvo masculino houbo 170 participantes e Miguel Alvariño foi 39ª nas tiradas previas con 573 puntos, quedándose a só dous de pasar o corte dos 32 mellores.

Nunha proba de moitos quilates, resultou vencedor o local Jean Charles Valladont, subcampión olímpico en Río, e ao mesmo tempo, o arqueiro que perdeu na final de México con Alvariño.

Plata para o coreano Oh Jin Hyek, campión olímpico en Londres 2012, e bronce para o estadounidense Brady Ellison, bronce individual e plata por equipos en Río. Este arqueiro, nas triadas previas, bateu o récord mundial con 599 puntos sobre 600 posibles.

En recurvo masculino, pero na categoría Junior, dos 120 competidores, Dani Castro foi 37º nas tiradas con 555 puntos. Tamén quedou a cinco puntos de pasar o corte dos 32 mellores nunha proba gañada polo local Cambakidis.

Por último, na proba de Recurvo Junior feminina, Cristina Castro foi 65ª das 78 arqueiras con 465 puntos. Gañou a británica Alyssia Tromans.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios