Amigus
As Pontes

XXII Carreira Pedestre San Xosé – As Pontes 2012

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Organizada polo Clube Atletismo Olympo de As Pontes e patrocinada polo Concello das Pontes, a disputar o domingo 18 de marzo a partir das 11:00
sansoxe.jpg


REGULAMENTO CATEGORÍA ABSOLUTA
1. A saída absoluta terá lugar no CIRCUITO DA FRAGA (xunto o Pavillón Municipal) ás 11:00
2. Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da proba.
3. O recorrido será dunha distancia aproximada de 7.000 metros, debídamente senalizados (existindo percorridos menores en función das categorías escolares).
4. A clasificación será absoluta e por categorías.
5. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de algún vehículo de apoio. O incumplimento de esta norma implicaría a descalificación dos atletas acompañados.
6. Ó longo do recorrido a organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos atletas.
7. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será descalificado.
8. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOÍS DE QUE CHEGUE O PRIMERO/A CLASIFICADO/A.
9. A inscrición realizarase nas oficinas do Departamento de Deportes (Pavillón Municipal Telf: 981 45 26 02 , no fax: 662340856 ou no e-mail: deportes@aspontes.org. A inscrición pecharase o xoves 15 de marzo ás 13:00 horas. Os datos necesarios para a inscrición son:

NOME E APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, CLUBE E LOCALIDADE DE ORIXE

10. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPÓIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECER O DESENVOLVEMENTO DA MISMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DE ATLETA PONTÉS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS

2 Voltas Circuito C ESCOLAR + SUBIDA CLÁSICA Ó PANTANO (7.000 mts. +-)

11. Establécense as seguintes categorías:
– XUVENIL (M e F) Nados nos anos 1993-94-95-96
– PROMESA-SÉNIOR (M e F) 1992 e anteriores.
– VETERANAS 35 anos cumpridos no día da proba.
– VETARÁNS 40 anos cumpridos no día da proba.
NOTA: Poderase autorizar a participación na carreira absoluta na categoría de CADETES (M e F) con autorización por escrito do delegado do clube con unha hora de antelación na Secretaría da proba, optando únicamente ós premios da categoría absoluta.
11. Establécense os seguientes premios absolutos, tanto para categoría masculina como feminina:
1º Clasificado/a: TROFEO (realizado por ASPANAES) e 300 €.
2º Clasificado/a: TROFEO (realizado por ASPANAES) e 200 €.
3º Clasificado/a: TROFEO (realizado por ASPANAES) e 100 €.
TROFEO ós tres primeros clasificados/as por cada categoría se non chegan entre os/as tres primeiros/as absolutos/as.
TROFEO LUÍS BARRIO DOEL (realizado por ASPANAES) + Cea para 2 persoas en “CASA TERESA”: o primer pontés e a primeira pontesa clasificados.
GAFAS DE SOL DEPORTIVAS, cedidas por OPTICALIA, para o home e muller que cheguen no posto XXII na súa categoría (masculino ou feminino)
En ningún caso (excepto o trofeo LUÍS BARRIO) un mismo atleta podrá recibir dous premios, percibindo únicamente o de maior categoría.
REGULAMENTO ESPECÍFICO CATEGORÍA ESCOLAR
1. Esta categoría está reservada para tódalas ENTIDADES (Centros escolares, agrupacións, clubes, etc.) que deseen participar, tanto públicos como privados, con participantes en idade escolar (6-16 anos).
2. Cada entidade podrá inscribir a tódolos/as participantes que desexe.
3. O recorrido será diferente ó absoluto en función das categorías.
4. Establécense as seguintes categorías:
PREBENXAMÍN (M. e F.): Anos 05-06 335 m. 1 volta Circuito A
BENXAMÍN (M. e F.): Anos 03-04 550 m. 1 volta Circuito B
ALEVÍN (Feminino): Anos 01-02 965 m. 1 volta Circuito C
ALEVÍN (Masculino): Anos 01-02 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Feminino): Anos 99-00 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Masculino): Anos 99-00 1515 m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Feminino): Anos 97-98 1515 m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Masculino): Anos 97-98 1930 m. 2 voltas Circuito C
5. Coa finalidade de fomentala participación, para a clasificación por ENTIDADES, otorgaranse tres premios (vale de 150 €, canxeable por material deportivo, en calquer dos establecementos da vila) as que clasifiquen no maior número de participantes na liña de chegada, sumados os participantes da totalidade das categorías escolares.
6. Concederanse os seguintes premios:
Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías.
Trofeo ó primer pontés/a clasificado/a en cada categoría.
7. As inscricións nas que se fará constar o nome e apelidos de cada atleta, así como o ano de nacemento, presentaranse por duplicado nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello das Pontes (Pavillón Municipal, s/n) non máis tarde das 13:00 H. do 15 de marzo puidendo ser enviadas por correo, fax (662340856), tfno (981452602) ou e-mail (deportes@aspontes.org).
Ditas inscricións presentaranse con letra lexible (preferentemente máquina) en follas aparte por cada categoría e sexo, coa firma do delegado ou entrenador e o sello da entidade.
8. A saída terá lugar ás 11:00 horas, dende o mismo lugar que a absoluta despois desta.
9. No momento de retirar os dorsais, os delegados ou entrenadores das entidades, necesariamente un maior de 18 anos, cuyo nome e apelidos figurará nas inscricións, recibirán as indicacións adicionaies necesarias para o mellor desenvolvemento da proba.
Nova cortesía de Susana Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios