XXIII CARREIRA DE SAN XOSE AS PONTES 2013
Este pasado sábado disputouse con saída e chegada no Parque da Fraga a vixésimo terceira edición da tradicional Carreira de San Xose pontesa, sobre unha distancia de seis kilómetros e medio.
Resultou vencedor na categoría absoluta Akka Essaadaoui (Comesaña SC) con medio minuto de ventaxa sobre Juan Pena (Coruña Cimans) e un minuto sobre Rodolfo Somovilla (La Rioja Atletismo).
Primeiros ponteses David Castro (4º), o mítico Jorge Penabad Congui (6º), a zurda de ouro Miguelito Vilaboy (11º) e 16º o irmán de Chus, Ángel Cañizares.
En categoría feminina venceu Melina Alonso (CA Afflelou Narón), con case un minuto de vantaxe sobre Raquel Súarez Pedrosa (Ría Ferrol) e minuto e medio sobre Mari Carmen Penas (Comesaña SC).
Primeira pontesa, a subcampiona mundial de Raids, Tereza Ctvrtnickova (5º), Isabel Ledo (12º) e Sonia Vilaboy (15º).
Vencedores na proba de veteráns foron Jose Manuel Lago e María Jesús Gestido, seguidos de Carlos Fernández e o gran Modesto Barro, e Noemí Villar e Ana Domínguez.
Quinto Jesús Blanco, séptimo Jose Antonio Tembrás e noveno Luis Díaz. Sexta Susana Bellas e undécima Obdulia García, dúas gañadoras do Sella, séptima Ana Dopico.
Na proba xuvenil gañou Damián Martínez e Ruth Seoane, o resto do podio foi ocupado por ponteses, Santiago Fraga (2º) e Diego Picos (3º) e Claudia Parga, prata, e Silvia Gómez, bronce.
Máis información en http://atletismoolympo.wordpress.com
Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro