Amigus
As Pontes

XXVII MEMORIAL CARLOS FORNOS-XI TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

Disputouse este domingo no lago pontés

Este domingo á mañá disputouse no Lago pontés a 27ª edición do Memorial Carlos Fornos, 11º Trofeo Jose Ramón Corral, de Piraguismo.

O evento abarcaba embarcacións de K4 e C4, homes e mulleres, en Veteranos, Sénior, Junior e Cadetes. O maior éxito para o equipo local, Grupo Xuvenil Matojoma, foi o ouro no K4 Veteranos a cargo de Antonio Polo, Carlos Pedreira, Ernesto Gancedo e Jose García. 

O clube tamén foi quinto en K4 Cadete, Antón García, Lucas Valle, Pablo Vispalia e David García, e décimo oitavo en K4 Sénior, Jose Menéndez, Martín García, Miguel Domínguez e Adrián Paz. 

O Cidade de Pontevedra foi o gran triunfador, pois impúxose en catro probas, por dúas de Pontecesures, mentres en unha o fixeron Verducido, Boiro, Ría de Aldán, Cobres, e Vilaboa, que gañou a proba raíña, o K4 Sénior.

Ao remate do evento entregaron os diversos trofeos e medallas, o concelleiro Antonio Alonso, a viúva de Carlos Fornos, Cuqui, familiares do Jose Ramón Corral Bustabad, e o presidente do Grupo Xuvenil Ernesto Gancedo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios