Amigus
As Pontes

36 COPA DE GALICIA DE VOLEIBOL AS PONTES 2019

Disputouse este venres no Pavillón da Fraga cos triunfos de Dumbría e Emevé

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As Pontes foi este venres sede do mellor voleibol galego coa disputa da Copa de Galicia, nunha xornada na que se xogaron cinco encontros. 

Na competición feminina alcanzaron a final o Emevé de Lugo, da máxima categoría española, que se desfixo en semifinais apuradamente 3-2 do Ourense Aceites Abril, e o Zalaeta coruñés, que superou 3-1 ao Xuvenil de Teis. 

Sen embargo, a final non tivo cor, e as lucenses fixeron valer a súa maior experiencia ante un equipo novo e prometedor como o herculino ao que gañaron por un contundente 3 a 0. 

A sorpresa da xornada protagonizouna o Dumbría, i é que o segundo clasificado da Superliga 2 gañou en semifinais ao líder invicto da súa categoría, o Emevé de Lugo, por un incontestable 3 a 0, e na gran final ao equipo da primeira categoría española, o San Sadunriño, por 3 a 1. 

Nun encontro no que chegaron a poñerse 2-0 e 18-13 no terceiro set, tiraron de calidade os sadurniñenses para acabar levandose a terceira manga por 23-25. Parecía que co 2-1 enganchábanse á pelexa polo triunfo, pero un rotundo 25-16 dos da Costa da Morte no cuarto set outorgoulles o seu primeiro título. 

Ao finalizar o encontro a tenente de Alcalde Monte García, o concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o presidente da Federación Galega Jose Luna, entregaron os trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios