Amigus
As Pontes

42 FOLIADA DO LAR

Mañá venres o Lar acollerá a derradeira foliada de este curso, xa que ata o vindeiro mes de outubro non volverá a arrancar o ciclo de foliadas que organizan os grupos de música tradicional e folk de As Pontes.
Os Feroces da Galgueira é o grupo encargado de organizar e de arrancar esta foliada, na que terá coma invitados ós míticos e indomables Estoupacaldeiros de Rábade e ós talentosos Airinhos del Campito de Narón.
Os Estoupacaldeiros son a personificación da música popular, da festa e da diversión. Este grupo está formado por varios amigos de vello que queren achegar a música popular, a tradición oral e a denominada ‘música tabernaria’ a toda a poboación. O seu afán por dignificar este tipo de composicións comezou coma un entretemento anos atrás, e agora xa os ten levado por numerosos escenarios ao longo do país.
A mestura das voces, as gaitas, a percusión fan que cada concerto deste grupo acabe convertido nunha festa, xa que malia tocar dende o escenario, o seu é achegarse ó público, participar con el na diversión e implicalo dende o comezo para que disfrute tanto escoitando coma eles tocando.
Participaron na película “18 comidas” do director Jorge Coira e tamén teñen participado en varios programas de televisión como “Mundo Verbena”, e neste último entroido foron os pregoeiros do entroido de Lugo.
Airinhos del Campito é un grupo de recente creación, do 2007, integrando básicamente por membros da Banda de Gaitas de Narón. Os seus escearios preferidos son os campos das festas e os festivais, donde mellor se achega e comparte a música tradicional coa xente.
Dende a organización invitan a todo o mundo a participar de esta foliada, no só escoitando a estos grupos, senón participando das tocadas e cantadas que de seguro se van a formar durante toda a noite. E para elo, e que a festa sexa ben grande, que cada quen traia o seu instrumento.
Foliada-Maio-2011.jpg

También podría gustarte
Comentarios