59 Foliada
Comezamos a 8ª tempada de Foliadas nas Pontes. Dende abril do 2006 que se botara a andar este pequeno proxecto, dedicado na súa totalidade a música tradicional, e convertíndose pouco a pouco en un referente dentro da comarca. Xa foron moitos os grupos que pasaron polo Lar, e seguro que virán moitos mais as nosas Foliadas, para elo seguimos a medrar e xa somos agora a totalidade de agrupacións de As Pontes as que facemos posible, xunto a colaboración do Lar, que esto funcione: Os Feroces da Galgueira, No Cómbaro, Os Suplentes, Os Trevillas, Escola Municipal de de Música e baile Tradicional, Pandereteiras de Alende, Canavella, Axóuxere de Roupar e Alfaia.
Axóuxere de Roupar serán este mes os anfitrións e terán como invitados a Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño.