Amigus
As Pontes

Liga Autonómica Feminina. CD As Pontes 0 Racing de Ferrol 1

Nunha tarde moi chuviosa e nun terreo de xogo impracticable impúxose o Racing de Ferrol ó As Pontes por un gol a cero, nun partidazo das nosas xogadoras que mereceron algo máis ante un gran rival.
Xa nos primeiros minutos as locais dispuxeron de boas ocasións, principalmente por medio de Paty, pero a calidade das ferroláns amosábase en xogadas puntuais e así tras unha sensacional subida da lateral Cuqui, que xa se lucira no partido de ida, coloca o balón magistralmente nos pes de Jessi e esta remata libre de marca conseguindo o único gol do encontro.

futbol_fem_0.jpg


Na segunda metade o dominio do balón foi absoluto das pontesas, e pese a que foron a polo empate con todalas gañas do mundo, por medio de Paty, Patri, Lau, Diana, Mar, Nerea … non houbo maneira, foi un querer e non poder, as ferroláns souperon conservar a vantaxe e acabaron levándose os tres puntos.
Non obstante, as gañas, a loita e o pundonor das locais, incluso das visitantes, en un campo completamente encharcado, merecen un sobresaínte.
CD As Pontes 0
Leti, Laura, Yaiza (Jani 60´), Lau, Silvia, Lara, Patri, Alba (Diana 45´), Nerea, Carlota, Paty (Mar 63´).
Racing de Ferrol 1
Alexia, Pili, Cuqui, Adriana, Noelia, Fani, Laura, Ana (Cora 29´), Jessi (Paulita 67´ Vero 70´), Paula (Noe 67´), Carmen.
0-1. Minuto 25 Jessica.
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_2.jpg
futbol_fem_3.jpg
futbol_fem_4.jpg
futbol_fem_5.jpg
futbol_fem_6.jpg
futbol_fem_7.jpg
futbol_fem_8.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios