Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: A conciliación da vida persoal, familiar e laboral no Concello das Pontes.

Co grupo de goberno do Concello das Pontes (PsdeG- PSOE) a conciliación preséntase coma un reto difícil por non dicer imposíbel.
Cando gobernaba o BNG, dende a Concellaría da área Sociocomunitaria, establecéronse uns obradoiros no verán e no Nadal para os nenos e nenas cuxos pais e nais tiveran que traballar neses períodos.
Agora, dende a Concellaría de Servizos Sociais, na época de Nadal que vai dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro, os obradoiros para facilitar a conciliación duran 4 dias (22, 23, 29 e 30 de decembro).
Mais a realidade das familias do pobo é outra: a xente coa sorte de estar empregada ten que traballar os dias 24, 26,e 31 de decembro, e o 2 e o 5 de xaneiro; moitas empresas non fan ponte e moitas das persoas traballadoras non teñen días de asuntos propios para poder quedar coas súas fillas e os seus fillos.
Isto pon de manifesto, unha vez mais, o traballo do PSOE no Concello pontés, que fai obradoiros para unha minoría coa sorte de poder pedir vacacións, asuntos propios, … e deixan sen conciliación á gran maioría das persoas traballadoras, das familias do pobo.
Asemblea Local das Pontes, 26 de decembro de 2008

También podría gustarte
Comentarios