Amigus
As Pontes

O As Pontes recibe ó Dorneda co fin de manter a súa boa racha

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Diario de Ferrol, por Xosé Cendán] O As Pontes comeza o ano coa intención de darlle continuidade á victoria acadada no último partido de 2008. O conxunto pontés enfróntase esta tarde -16.30 horas, O Poboado- ó Dorneda coa intención de enlazar un segundo triunfo consecutivo que o permita afastarse da zona perigosa da táboa.


Por esa razón, o cadro de Ferrolterra realizou traballo extra durante o período navideño, coa intención de adquirir a condición necesaria para realizar un bo final de primeira volta e unha boa segunda. O técnico do As Pontes, Alberto López, elaborou unha convocatoria novidosa de cara a este enfrontamento. Así, entre as baixas dos lesionados Dani, Seco e Hugo e as ausencias por decisión técnica de Aguado, Santi e Pablo, o adestrador lugués deu entrada a dous xuvenís que, ademais, contan con bastantes posibilidades de xogar. É o caso do mediapunta Carballeira -primeira citación para un compromiso oficial- e o dianteiro Aguado, que tratarán de darlle ó ataque a efectividade que lle está a faltar. Neste encontro, o cadro pontés espera acadar a súa primeira victoria como local desde que Alberto López se fixera cargo do equipo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios