Liga da Ría Xuvenil. As Pontes 2 Perlío 2

Reparto de puntos no encontro xogado esta mañá, na que o conxunto local mereceu máis ante un Perlío ben replegado atrás e que soubo aproveitar as súas contadas ocasións por medio dos seus incisivos dianteiros. Tras un primeira metade de dominio local, adiantouse o Perlío no último minuto. Xa no segundo tempo Abeás, que fixo un partido moi completo, puido empatar, pero o seu tiro foi ó longueiro. Si empatou minutos máis tarde o propio Abeás, pero pouco lle durou a alegría ó conxunto local, pois apenas un minuto máis tarde os de Fene volvían a adiantarse no marcador tras un bo disparo dende fóra da área que sorprendeu ó meta Alex. Pouco despois empataba Fernando tras unha gran xogada persoal. Nos últimos 20 minutos o As Pontes foi a pola vitoria e incluso Fermín tivo unha inmellorable ocasión tras unha deixada de Xavi, pero so ante o porteiro confiouse e mandouna por alto. Xogaron Alex; Antón, Mourín, Abeás, Carlos; Hugo, Chus, Xavi, Fernando; Ali e Fermín. Na segunda metade entrou Amady.

futbol_ria_6.jpg


futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

futbol_ria_6.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios