Amigus
As Pontes

O Lago dos Cisnes

Hoxe, 7 de febreiro, ás 20h. terá lugar a representación do Lago dos Cisnes, a cargo do Ballet de Moscova, no Cine Alovi das Pontes. Esta actuación está organizada por Caixanova en colaboración co Concello de As Pontes.


adaptación coreográfica é do Timour Faiziev. A música e orixinal de Tchaikovski e a coreografía de Ivanov.
Timour Faiziev graduouse na Escola Académica de Coreografía de Moscova pertencente ó Teatro Bolshoi no 1971. Dende entón e ata 1992 traballou como solista nos ballets Stanislavski e Nemirovich-Danchenko, desempeñando os papeis de protagonista en Gayané, “O Corsario”, “O Lago dos Cisnes”, “Cenicienta”, “Copelia”, “Esmeralda”, “Giselle”, “Don Quijote” e “A Bela Durminte”. Foi artista invitado na Komische Oper de Berlín con Tom Schiling. Realizou con esta compañía xiras por Xapón, Grecia, Portugal, España, India, Italia, Inglaterra e Suecia.
No 1990 fundou o entonces Russian Festival Ballet, actual Ballet de Moscova con solistas das máis importantes compañías da extinta Unión Soviética. A formación foi escollida por Nureiev para a última xira que realizou en Europa e dende que foi creada realizou máis de 600 representacións en diversos países: Alemania, Suiza, Inglaterra, Noruega, Suecia, Austria, Portugal, España, Irlanda e Xapón.
Formados na pura tradición da escola Rusa, os compoñentes do ballet de Moscova son mozos intérpretes que lle engaden ó traballo realizado no seu país unha amplia experiencia de actuacións internacionais, entre eles pódese destacar a: YANA KAZANTSEVA, DMITRI SMIRNOV, GULAM POLADKHANOV o DMITRI BUGAEV.
Entradas á venda na taquilla do cine Alovi o venres de 11 a 12:30 e o venres e sábado de 20 a 22:30 horas. Prezo único: 6 euros.

También podría gustarte
Comentarios