Gema Buitrón finaliza en 20º posición. Cabrero e Foulón, a semifinais.

No Grand Prix Europeo que se está a disputar en Francia, a arqueira pontesa Gema Buitrón, non puido pasar da ronda de dezaseisavos de final, a pesar de obter a 8º mellor marca nas calificatorias, tras caer derrotada nesta fase, pola 25º clasificada, a francesa Sandra Fonbonnat por 103-99. Tras obter a 4º mellor puntuación das eliminadas nesta fase, Gema acaba na 20ª posición. De sensacional se pode calificar o concurso das súas compañeiras de selección, as baleares Beatriz Cabrero e Magali Foulón, que tras clasificarse as dúas pra semifinais, garantizan unha medalla á delegación española. Beatriz Foulón impúxose sucesivamente a Jenny Jeppsson (100-90), Sabrina Struyf (99-88) e Khatuna Narimandze (101-98). Enfrontarase en semifinais á polaca Malgorzata Cwienczek. Pola súa banda Beatriz Cabrero venceu a Alena Dobychina (108-99), Anna Grzelak (99-73), Iwona Marcinkiewicz (103-95). En semifinais enfrontarase coa número 1, a ucraina Viktoriya Koval.


Na competición masculina tamén se clasificou pra semifinais o balear Daniel Morillo. Todo isto en arco recurvo, en arco composto Víctor Canalejas e Jose Ignacio Catalán protagonizarán unha das semifinais, co que garantizan un finalista español.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios